martes, 16 de agosto de 2011

Doll Day



Cartaz realizado por Iria Pardo



Iria Pardo e Laura Fajardo, máis coñecidas coma “Ylliasviel” e  “N3k0_chan “  nos foros da internet son ilustradoras que están a piques de finalizar a súa formación na Escola Pablo Picasso de A Coruña. Pero ademáis teñen unha afición: as BJDS e as Pullips.

Grazas a elas  o vindeiro sábado 20 de agosto, a  Libraría Endo (R/Entrepeñas 41- zona Rúa Barcelona)  celebra o  “Doll Day”, un día totalmente adicado as bonecas de orixe asiático: as Pullip y las BJD.

Ao  longo do día, Iria e Laura impartirán taieres e demostracións de customización e maquillaxe, charlas, concurs​os, exposición de bonecas, complementos e moito máis.
Esperamosvos o sábado pola mañá de 12:00h a 14:00h e por la tarde de 17:00h a 20:00h.


Iria e Laura explican que as BJDS son bonecas de procedencia xaponesa japonesa que se caracterizan por ser totalmente articuladas e por utilizar o sistema de articulación a base de bolas e cordas (coma as bonecas do século XIX). A casa Xaponesa Volks foi  quen lanzou  os primeiros modelos destas bonecas, ainda que actualmente tamén existen casas chinas e coreanas que as fabrican. Están feitas de resina de poliuretano e son totalmente customizables,daí o sue gran atractivo,, e sobre todo existen de moitos e diversos tamaños.


As Pullip son unhas bonecas articuladas caracterizadas polo  gran tamaño da súa cabeza. Foron creadas pola compañía coreana Cheosang Cheonha, e están geitas dun plástico especial. A compañía xaponesa Jun Planing foi a primera en distribuílas. Son totalmente customizables, e  caracteízanse por ter un mecanismo interno na cabeza que lles permite mover os ollos e pechar  as pálpebras.






1 comentario:

  1. También lo he anunciado en mi blog,espero que pueda venir todo el mundo :)

    ResponderEliminar