As recomendacións do día




Hoxe a Libraría Endo recomenda...

Hoxe recomendamos... 

Día 13 de Xaneiro de 2011
 


Yoshitomo Nara+GRAF  “Torre Málaga”
Autores: Yoshitomo Nara+GRAF
Editado por CAC Málaga (Centro de Arte Contemporáneo de Málaga) e Ayuntamiento de Málaga.
Prezo: 19,90€


O CAC Málaga , entidade cultural do Concello de Málaga, presenta o catálogo da primeira exposición en España do prestixioso artista xaponés Yoshitomo Nara xunto con GRAF.
Para esta ocasión o artista e o equipo creativo deseñaron específicamente  para o CAC Málaga, unha instalación que mostra as obras do artista nunha caseta de debuxos. A exposión titulada “Torre de Málaga” contou coa colaboración da Galerie Zink München de Berlín.

A  instalación que se puido ver na exposición consistía nunha torre frabricada con madeiras reutilizadas inspiradas no propio Centro de Arte Contemporaneo de Málaga, antigo mercado de maioristas. Na base da mesma atopábase unha caseta de debuxos que recollía obras de Nara. Nestas estructuras estaban colocadas, ademáis 63 debuxos, 2 pinturas e 3 esculturas. Todas elas obras realizadas no 2007 excepto as esculturas que son do ano 2005.
As obras de Nara fundíanse coas instalación de GRAF conformando un todo, unha soa peza. Estas soían representar barracas ou casas de madeira, que con acabados imperfectos, daban un aspecto entre provisional e desvalido.

Imaxes




 

 
Día 10 de Xaneiro de 2011

Hoxe recomendamos catro clásicos da literatura española que foron adaptados ao comic.



Lazarillo de Tormes
Autor: Enrique Lorenzo
Editorial: SM
Prezo: 9,50 €

Egoísmo, falsas aparenzas, sabedoría popular, problemas económicos, sentido del humor. Descubre como o inxeño pode ser a millor arma contra a necesidade. Lazaro de Tormes é chamado pola xustiza para aclarar un asunto. Nas súas explicacións remontase a súa infancia, e ás aventuras  que viviu xunto aos seus tres amos que por distintos motivos o mataban de fame.



Don Juan Tenorio
 Autores: José Zorrilla/  Pérez
Editorial: SM
Prezo: 9,50 €

Don Juan Tenorio, cabaleiro seductor realiza unha aposta con don Luis Mejía e involúcrase de cheo nunha historia se amores imposibles, pantasmas e misterios. Ata onde é lícito o xogo sucio nos asuntos do corazón? Incrible versión do clásico de Zorrilla.
  



El monte de las Ánimas
Autores: Gustavo Adolfo Bécquer/David Rubín
Editorial: SM
Prezo: 9,50 €

Na noite dos defuntos, Alonso narra a súa curmá Beatriz a terrible lenda que pesa sobre o monte das Ánimas. Nembargantes, Beatriz insiste en que o seu curmán se achegue outra vez  ao maléfico lugar para recuperar a banda azul que perdeu na cacería desa mesma mañá.



Amadís de Gaula
Autores: Ricardo Gómez Gil/Emma Ríos
Editorial: SM
Prezo: 9,50 €

O pequeno Amadís é abandoado nunha barca. O destino quererá que o cabaleiro Gandales o atope e o críe coma a un fillo. Protexido pola feiticeira Urganda e seguido polo mago Arcaláus, o cabaleiro Amadís sorteará todo tipo de perigos polo amor á princesa Oriana.
  

PRÓXIMAMENTE TEREMOS...

De Miguel Porto

Día 2 de Xaneiro de 2011
Tezuka (Memoria y honor)
Autor: Alfons Moliné
Editorial: Sins entido
Prezo: 10 €
Alfons Moline escribe esta monografía de Osamu Tezuka, na cal repasa no só a súa vida, tamén a súa obra. Excelente libro tanto para os que desexen saber máis sobre o chamado "Deus do manga" en Xapón. A través das pázinas deste estudo saberemos datos e custións relacionadas  con este aclamado autor e opir suposto como se foi transformando a indrustria ao cabo dos anos.


Duelo de caracoles
Autores: Sonia Pulido e Pere Joan
Editorial: Sins entido
Prezo: 19 €
"Duelo de caracoles", e a excusa perfecta para facer un percorrido por diferentes mundos. É camiñar da man dos protagonistas e sumerxirse na mente de cada un deles. Compartir a súa visión particular da vida e de todo o que os rodea. Ynha obra intimista, co mar e campo como escenario. Os caracois e o viño. A través da súas súas páxinas, coas inconfundibles ilustracións de Sonia Pulido e guión de Pere Joan, o lector verase envolto nesa atmósfera de natureza e amizade.





Día 31 de Decembro de 2010


"La mazmorra. Mi hijo el asesino"
Autores: Lewis Trondehim, Joann Sfar,  Joann Sfar e Blutch
Editorial: Sins entido 
Prezo: 19 €

Mi hijo el asesino  é unha das aventuras da serie “La mazmorra”, na que Sfar, Tronheim e Blutch cambínanse con destreza para narrar, con gran sentido do humor esta historia de asesinatos e espías, de campesinos antropófagos e dixestións pesadas, de poder e fantasía heroica. Neste número, Jacinto de Cavallere, xa casado e todo un señor, necesitará a axuda de Marvin e asúa nai para facer frente as perversas intencións  de Os Magos.
  

El Tiovivo mágico
Autor: Fernando Jáuregui
Editorial: La osa menor
Prezo: 18.95 €


Conten unha atracción en 3D e un conto protagonizado polos personaxes dos contos clásicos. Abre esta caixa e descubrirás un mundo novo: o mundo das atraccións de feira. Monta o Tiovivo máxico e xoga cos personaxes dos contos clásicos e cos seus animais máxicos preferidos, que atoparás no sobre  que está dentro. Ademáis, descubre como consegue Brancaneves convencer aos seus amigospara que vaian a feira.¿Podraos convencer con algodóns de azucre e xeado?





Día 26 de Decembro de 2010


"Soidades"
 Autoras: Texto: Neus Moscada / Ilustracións: Chiara Fatti  
Editorial: OQO
Prezo: 12,50 €



Neus Moscada e Chiara Fatti móstrannos como a soidade se transforma en soño, en cor, en diálogo coa natureza… Nesta orixinal proposta plástica, a ilustradora sorpréndennos cunha inversión de fondo/figura, na que os primeiros planos aparecen en branco e negro e a cor se reserva para os fondos. En resumo, un conto inzado de metáforas e sinestesias, tanto no texto como nas imaxes, coas que profundaremos nos sentimentos e nas sensacións. Para un público sen idade.
Imaxes de "Soidade" 






"A mansión dos murmurios"
Autores: David Muñoz, Tirso Cons e Javi Montes
Editorial: "El patito editorial"
Prezo: 16€



A Mansión dos Murmurios presenta nesta primeira entrega o arranque dun guión que mezcla fantasía e retazos de realidade: transformacións monstruosas da condición humá, mansión recóndita e misteriosa, experimentos nazis, pasadizos segredos, guerra... unha intriga que ten a súa orixe nun pasado remoto e que avanza nunha atmósfera pechada e inquietante. Un grafismo tenebroso e ao mesmo tempo dinámico no que o xogo de luces e sombras e a elección de cores sombrios adáptanse aos requisitos da historia. 

Imaxes de " A mansión dos murmurios"






Día 24 de Decembro de 2010


Os lobos de Moeche
Autor: Manel Cráneo
Editorial: Demo
Prezo: 10


No ano 1497 na cidade de Bolonia, Martín de Ferreira, firma un libro coas súas memorias no que lembra os feitos que fixeron que pasase de ser un mozo labrego a converterse nun mozo do Renacemento.
Xunto ao seu irmán vivirá, nas terras do Eume, unha intensa aventura marcada por dramáticos acontecementos, nunha época socialmente afogada polo sistema feudal, onde a xente dos pobos e vilas non tardarán en reaccionar aos abusos da nobreza de forma contundente.




El Japón fantasmal
Autor: Lafcadio Hearn
Editorial Satori
Prezo: 15


No Xapón pantasmal danse cita personaxes sobrenaturais: pantasmas, espectros, e demos cuxas espeluznantes historias vanse entrelazando con folclore, coas supersticións e as tradicións máis antigas de Xapón. 
Nas súas páxinas descubriremos a un peregrín que camiña por unha montaña de cráneos, á esposa moribunda que entrega ao seu rival unha herencia siniestra... Atrévete a a ler "El Japón fantasmal", onde nada e o que parece.






Día 23 de Decembro de 2010

Noches de Zipango
Autor: Hideshi Hino
Editorial: La cúpula
Prezo: 10,95 €


Oíches falar da nena que pasaba os días observando ratos?. E daquela outra que espertou coa cabeza volta para atrás?. Ninguén sabe que foi dos estudantes de Primaria desaparecidos ainda que algúns falan que viron unha vella bruxa. Cóntase que unha muller solitaria perdíu literalmente a faciana. Todos eles viviron na era Heisei, a finais do macrabo século XX. Fai xa moito tempo e moi pouca xente o recorda, pero quizais sexa millor así. A variedade dos espantos que anida no alma humá e tal, que tan só queda resignarse á degradazón.




 Peter Petrake. De los años 70 al Siglo XXI
Autor: Miguel Calatayud
Editorial: El patito Editorial
Prezo: 20   


Volume que recupera a totalidade das aventuras do axente segredo Peter Petrake, publicadas a principios da década dos setenta por Miguel Calatayud na revista Trinca. Páxinas cheas de colorido e cun estilo que recorda ao "Submarino amarelo" dos Beatles.
As tramas, que participan dos códigos da ciencia ficción, combinan inxenio, humor e fantasía e dan entrada a unha ampla galería de personaxes e elementos, coma científicos tolos, robots asesinos, malvados antagonistas e tecnoloxías sorprendentes.
O álbum inclue ademáIs un prólogo do crítico e historiador do tebeo Pedro Porcel, e un epílogo do autor, galardoado en 2009 co el Premio Nacional de Ilustración.





Día 22 de Decembro de 2010

Manga. Del cuadro flotante a la viñeta japonesa
Autor: José Andrés Santiago 
Prezo: 40 €



Este libro fai un extenso reapaso non só á historia do manga, senon tamén da historia do papel e do país que o viu nacer, Xapón. Por primeira vez un estudio sobre o manga xaponés fala da repercusión socioeconómica do comic xaponés e como inflúe na vida de aqueles que o len. José Andrés Santiago atrévese a escribir sobre o movemento FANDOM de maneira seria e trata cada uns dos temas e apartados do libro sen caer en tópicos manidos e desfasados que xa non se corresponden coa realidade.
Catalogado como millor estudo sobre manga escrito por un occidental nos últimos 20 anos.




Manual de calcetíns salvaxes
Autor: Pablo Prestifilipo
Editorial: Faktoría K de libros
Prezo: 10  

   
 
Orixinal, divertida e extravagante proposta literaria sobre a vida e milagres dunha prenda moi peculiar que non debe faltar no armario de ningún lector audaz; un completo exercicio de ‘bioloxía textil’, abordando as orixes, a anatomía e os hábitos desta especie tan abundante e á vez tan descoñecida.