martes, 1 de marzo de 2011

La vieja Lulula


 La vieja Lulula
Autoras: Mar Pavón e Alessandra Cimatoribus
Editorial: OQO
 Prezo:12,90€


A vella Lulula decide facer a súa colada diaria e poner a secar a súa roupa no patio, a pesar do augurio de treboada. Voces misteriosas do seu xardín e que aparentemente proceden do cereixo, o patinete, o pozo, o balancín e incluso do seu loro e seu can, intentan disuadila.
Ao igual que na súa última colaboración con OQO, Mar Pavón volve facer uso da fantasía e a maxia neste divertido conto acumulativo no que o xogo e a adivinanza atrapan ao lector. A autora tamén xoga, coma nos relatos clásicos, co número sete, tan presente nas historias tradicionais. O lector acompaña a Lulula cando enxabona e restrega unha a unha as sete pezas da súa colada; cando pregunta polo tendedeiro aos sete personaxes que habitan no seu patio; e son sete as cores do arco da vella que aparecen, tras o chaparrón, cunha leda sorpresa para velliña.

Nesta historia, Mar Pavón ten como aliada á imaxinación de Alessandra Climatoribus. Á ilustradora italiana resultoulle divertido este traballo no que interpretou o texto para xogar co lector e apropia Lulula. Así, decidiu introducir no relato criaturas misteriosas e dous pícaros ratonciños, que os lectores de OQO, saberán recoñecer.

Cimatoribus non se limitou a dar vida a estes habitantes máxicos e trastes. Así, coma contrapunto á actitude de desconcertó da vella Lulula, crea un personaxe máis para o relato: o gato. O felino é o único consciente do que está a pasar e os seus ollos indican sempre ao lector hacia onde debe dirixir a súa mirada. A elección deste animal no é casual, Cimatoribus é conscente dos valores de “sabio e prudente” que se lle atribuen.

As ilustracións en acrílico sobre papel, caracterízanse  por tonos vivos que transmiten a enerxía e a forza vital de Lulula. Esta é a razón de que se vista de laranxa, a pesar de que non é unha cor  moi utilizada polas personas maiores. Deste modo, representan a esas mulleres de idade que non se renden e están cheas de enerxía e frescura coma toda a historia.









No hay comentarios:

Publicar un comentario