jueves, 10 de marzo de 2011

Manga Kamishibai: the art of japanese paper theater


Manga Kamishibai: The Art of Japanese Paper Theater
Autor: Eric P. Nash
Editorial: Abrams Books
Idioma: inglés
Prezo: 30€

Neste libro de impecable edición podemos atopar como o autor traza a historia do nacemento, desenrolo e caída do Kamishibai, unha forma de contar historias que foi tremendamente popular en Xapón e que agora desapareceu case por completo de non ser por un pequeno grupo de persoas que intentan recuperalo.

O Kamishibai é un microcosmos da historia nipona do século XX. O libro non só é a historia dun medio perdido, é unha ollada na mentalidade cultural dun pobo que experimenta a depresión mundial da década de 1930, a expansión imperialista na II Guerra Mundial, a aplastante derrota e a ocupación estadounidense.

Tal e coma se describe en Manga Kamishibai, o Kamishinai, e unha arte visual que combina narrativa co sucesos do cidadán de a pé e do que sucedía nas rúas da época. Unha historia ilustrada en varias cartulinas con debuxos (cada un, era un pouco máis grande o tamaño dunha dobre páxina dun manga). Un home conta a historia ou o conto a medida que extraía os cartaces para descubrir a seguinte páxina da historia.

Estes grandes narradores itinerates viaxaban de pobo en pobo cos seus “butais” (soportes de madeira onde se colocaban as cartulinas cos debuxos) e unha ampla selección de de doces para vender aos nenos e adultos (algo non moi diferente ao que pasa nos cines modernos).

As historias que se contaban nestas sesión de Kamishibai ían dende aventuras de samurais, oas westerns, contos populares, ciencia ficción e fantasía, a II Guerra Mundial. O certo é que foi un dos poucos medios difusores de transmisión de noticias á poboación.

Eric P. Nash, demostra as súas grandes dotes  coma historiador e crítico de arte e logra conectar a súa historia coas artes populares e as tradicións de todo o mundo. Para el o Kamishibai é un medio narrativo moi poderoso que fai engrandecer os vínculos que existen entre os roios e gravaods en madeira co manga e anime modernos.

En definitiva, un libro que ademáis de ser imprescindible para comprender o por que do manga e anime contemporáneos, incorpora en todo momentos imaxes que ilustraban aqueles contos e historias que os xaponeses da época que os espectadores máis novos e os que non o eran tanto admiraban e disfrutaban cos ollos abertos coma pratos.










No hay comentarios:

Publicar un comentario