miércoles, 4 de mayo de 2011

As recomendacións do día




Grotesco
Autora: Natsuro Kirono
Editorial: Emecé
Prezo: 22,50€

Na súa fascinante e impactante nova novela, Natsuo Kirino, autora de Out, móstranos unha vez máis a cara menos coñecida do Xapón contemporáneo. Groteco narra a historia de tres mulleres e a súa interconexión coa beleza e a crueldade, o sexo e a violencia, a fealdade e a ambición. Da man desta extraordinaria escritora, introducómonos no máis fondo da degradación persoal e humana, nos rasgos máis vulnerables e débiles de carácter dos individuos maltratados pola vida.

O seu argumento:

Tokyo. Duas prostitutas, Yuriko e Kazue, son brutalemnte asasinadas. A súa morte deixa unha estela de preguntas sen resposta sobre a súa identidade. Quén se agocha tras o asasinato? e, sobre todo, cómo chegaron a este terrible final?. A trav´s do diario da irmá maior, Yuriko, sumerxímonos na infancia das irmás e coñecemos de primeira man os entresixos dunha sociedade na que unha estricta xerarquía social decide o destino dos seus habitantes.









Body World
Autor: Dash Shaw
Editorial: Sins entido
Prezo: 25€

Ano 2060. Boney Borough (Botánico, escritor, romántico empedernido) acaba de chegar para investigar unha extrana pranta que crece nos arredores do instituto. Jem Jewel (a seductora profesora de ciencias) sente curiosidade polo doutor Phanter, pero o que máis lle preocupa e protexer aos seus alumnos.
Billy Borg (a estela de atletismo) ten problemas para combinar a escola, as rapazas e ser o capitán do equipo de Dadobol. Pearl Peach (a estudante rebelde) busca escapar do seu propio mundo e Paulie podería ser xusto o que necesita.

Dash Shaw e autor de "Ombligo sin fondo". Body World foi publicada orixinalmente online e nominada aos premios Eisner 2009 na categoría Webcomic. A medio camiño entre a ciencia ficción e a clásica novela de instituto, as úa publicación en papel en formato vertical dota á obra dun carácter único e innovador dentro do xénero.











No hay comentarios:

Publicar un comentario