jueves, 30 de diciembre de 2010

¿Quén é...? Hideshi Hino






Hideshi Hino é un mangaka atípico para os tempos que corren. É atípico por que fai manga de terror, e ademáis faino de maneira excepcional e contando historias dese Xapón que moitos descoñecemos. Ese Xapón que moitas veces vemos case de maneira presencial nalgún que outro manga ou anime.
O primeiro que debemos saber de Hideshi Hino é que a pesar de que él é xaponés, durante moitos anos viviu en Manchuria. Manchuria pertence a China. A razón pola cal os país de Hino e el mesmo emigraron a esta rexión en 1946 foi por temas políticos. Alí, o pequeño Hideshi viviu nun ambiente de violencia, é constantemente vivía actos de linchamento xa que se estaban a producir movementos anti-xaponeses. Quizáis este actos delictivos e de profunda carga violenta, son os que moveron a este mestre do manga a querer facer un tipo de traballo cercano ao horror e no que se exalta de maneira moi clara moitas escenas do Xapón tradicional e as súas lendas.

Hay que ter en conta que Hino é xa un mangaka “dos de antes”. Xa quedan poucos debuxante da súa estirpre. Mangakas que coma el chegaron a publicar na exitosa revista COM de Osamu Tezuka, o na anterior revista GARO. Revistas que se achegaban a un tipo de manga experimental e se facían eco de historias diferentes e de autores que “estaban noutra onda diferente á do resto”. 

Sabido isto, agora xa só nos queda saber por qué ten tanto éxito este señor de pelo blanco e cola de cabalo que escribe e debuxa historias fantasmagóricas e de tremendo horror. O primeiro que cabe destacar é a súa sinxela maneira de narrar , na que as onomatopeias xa case  son parte do arte do propio debuxo e estaán totalmemente integradas nel.
Ose estilo de debuxo, no é o que xa está integrado no imnaxinario colectivo nos amantes do manga e anime. Contrasta ese aspecto estilizado e ao mesmo tempo con un estilo moi característico no que os personaxes son rechonchos, con ollos saltóns, caras fanstasmais nas que as olleiras forman parte do fundamental das caras que xa son un clasico no mundo manga.

Cabe destacar que Hideshi Hino, escribe para un público adulto.  As continuas explicacións que da o autor na súa obra fainos ver que quere que  o lector entenda exactamente o que quere debuxa e escribe nos seus mangas. Podería parecer que quere abarcar un amplo espectro de público (adultos, nenos), pero non é así. Os seus mangas están dirixidos para adultos.
Guións atípicos e profundos, momentos de autentico terror e algúns momentos de humor. Todo isto fainos ver que un bo manga a pesar da profundidade que posúe non ten por que ser un “rollo” e serve para pasar un  rato lendo historias de séculos pasados nos que os fantasmas, os nenos gusánse as historias nas que a morte e a desgracia se dan cita. Historias ao fin e ao cabo que son a visión personal dun mundo oculto, historias dun mestre do manga que segue a facer grandes obras.
Na libaría Endo poderedes atopar todas as obras de Hideshi Hino editadas en España por Editorial la Cúpula.


Estes son algún dos títulos que poderedes atopar de Hideshi Hino na Libraría Endo


 Onimbo



 Noches de Zipango



 El niño Gusano 



Historias de la máscara



 Circo de monstruos




Galería de horrores




No hay comentarios:

Publicar un comentario