domingo, 26 de diciembre de 2010

As recomendacións do Domingo



Para este Domingo a Libraría Endo recomenda...



"Soidades"
 Autoras: Texto: Neus Moscada / Ilustracións: Chiara Fatti  
Editorial: OQO
Prezo: 12,50 €



Neus Moscada e Chiara Fatti móstrannos como a soidade se transforma en soño, en cor, en diálogo coa natureza… Nesta orixinal proposta plástica, a ilustradora sorpréndennos cunha inversión de fondo/figura, na que os primeiros planos aparecen en branco e negro e a cor se reserva para os fondos. En resumo, un conto inzado de metáforas e sinestesias, tanto no texto como nas imaxes, coas que profundaremos nos sentimentos e nas sensacións. Para un público sen idade.
Imaxes de "Soidade" 






"A mansión dos murmurios"
Autores: David Muñoz, Tirso Cons e Javi Montes
Editorial: "El patito editorial"
Prezo: 16€



A Mansión dos Murmurios presenta nesta primeira entrega o arranque dun guión que mezcla fantasía e retazos de realidade: transformacións monstruosas da condición humá, mansión recóndita e misteriosa, experimentos nazis, pasadizos segredos, guerra... unha intriga que ten a súa orixe nun pasado remoto e que avanza nunha atmósfera pechada e inquietante. Un grafismo tenebroso e ao mesmo tempo dinámico no que o xogo de luces e sombras e a elección de cores sombrios adáptanse aos requisitos da historia. 

Imaxes de " A mansión dos murmurios"





No hay comentarios:

Publicar un comentario