miércoles, 19 de enero de 2011

As recomendacións do día


Manual de recreo
Autor: Bruno Gilbert
Editorial: Thule
Prezo: 16,50€


Unha alternativa lúdica aso cadernos de vacacións infantís. Un libro de actividades divertidas, cheo de humor, que maltrata haikus, fábulas de La Fontaine ou ao propio Espronceda… ¡Todo vale! Este libro é unha festa da creatividade e da tolemia, unha oda ao xogo en todas as súas formas.
Invítase ao lector, por exemplo a escribir un deselace gracioso para chistes triste, a escribir o seu autorretrati enchendo ocos dun texto, a inventar poemas sitituindo algunas palabras, e encher os bocadillos dun comic ou a vestir os desnudos dos museos... Fotos, grabados, cadros, antigos anuncios, tarxetas postales aburridas… Nesta amalgama un tanto atolada, Bruno Gilbert tomase o preverso pracer de darle a volta a todos os códigos e apela á creatividade do neno para conseguir un volta de parafuso máis.







Na punta do pé
Autores: PEDESLÁN/Joao Vaz de Carvalho
Editorial: Kalandraka
Prezo: 25€


KALANDRAKA lanza este novo audiolibro. Un álbum ilustrado titulado “Na punta do pé”, que incorpora un CD con doce temas musicais do folclore tradicional galego, portugués e mirandés. No iterior tamén se pode atopar un DVD con demostracións dos bailes de cada peza. O artista portugués João Vaz de Carvalho realizou as ilustracións para este libro, no que participa o grupo musical Pesdelán.
A proposta de Pesdelán consiste en combinar a música coa aprendizaxe de bailes sinxelos, sustituindo a idea do público espectador e pasivo por un público activo e participativo, dun xeito lúdico. Este concepto plásmase nas súas actuacións en directo e no propio libro, que inclúe as letras das cancións, partituras, un glosario de termos, descricións das danzas e explicacións sobre a orixe das pezas, que se sitúa en Galicia, Portugal e mesmo Brasil. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario