viernes, 21 de enero de 2011

¿Quén é...? Taiyo Matsumoto

Portada de 101, libro de ilustracións do mangaka Taiyo Matsumoto
101
Autor: Taiyo Matsumoto
Editorial: Shogakukan
Prezo: 35€

Hoxe queremos recomendar un libro de ilustracións que nos acabada de chegar directamente desde Xapón. Ilustracións todas elas de Taiyo Matsumota. Láminas a color e outras feitas en branco e negro, poñen de manifesto a facilidade que ten este mangaka para debuxar a realidade de maneira surrealista saltándose os cánones de beleza do manga actual.
Este libro de ilustración de Tayo Matsumoto chamado “101” ten unha presentación preciosa, de tapas duras e cunha calidade de impresión coidada e moi boa. Un artbook que fará as delicias de aqueles que desexen ter unha pequena xoia do manga que poucas veces temos a oportunidade de atopar nas estanterías españolas.


Imaxes do libro de ilistracións "101" 

 






Taiyo Matsumoto é un mangaka xaponés que fixo os seu debut na revista de manga semanal Kodansha, ainda que e casi con toda seguridade  moito máis coñecido polos seus traballos na editorial rival de Kodansha, Shogakukan. Con Shogakukan realizou varios mangas coma Tekkonkinkreet, Ping Pong, No 5. E Takemitsu Zamurai.
Os seus traballos caracterízanse por un estilo moi diferente ao dos seus compeñeiro de profesión. A súa maneira de debuxar  e inusual e poco convencional e nalgúns mometos incluso pode chegar a ser surrealista.
Hoxe en día e un dos mangakas máis influintes dos últimos anos, sobre todo para os novos valores do manga xaponés, e creou un escola que é admirada non só no seu país de orixe, tamén en paises coma Francia, Italia e España (En España participou coma invitado do Salón do Manga de Barcelona fai agora dous anos).
As súas obras Ping Pong e Aoi Haru foron adaptadas a filmes live action, é dicir con actores e actrices. Tekkonkinkreet foi adaptada a unha longametraxe de animación que cosechou un gran éxito. Esta películo non só serviu para ensarlar o seu estilo tan característico senón que tamén foi o lanzamento do director do longo, Michael Arias, o primeiro estadounidense en dirixir una animación nipona. Por otra parte foi a confirmación de que o estudo de animación 4C é a día de hoxe un dos máis innovadores ao longo do mundo.
Matsumoto ademáis de ser un gran artista e sobriño de Santa Inoue (Tokyo Tribe) que ao mesmo tempo e primo Inoue Takehiko, autor de Slam Dunk, un dos mangas máis exitoso  de temática deportiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario