viernes, 7 de enero de 2011

El pequeño rey de flores



A maxia que contén un libro non é comparable a nada . A primeira vez que un neno abre un conto e a cara que vai poñendo a medida que descubre as páxinas e a historia que nelas se conta e algo que se recorda precisamente como o que é: un mometo máxico.

Algúns libros para nenos son sinxelos, contan una historia e o rapaz vai ledo para a cama. Outros sen embargo teñen a capaciadade de aumentar considerablemente  a capaciade imaxinativa deles. Un deste contos é “El pequeño rey de las flores” de Kveta Pacovka editado en España pola Editorial Kokinos.

Cada libro de Kveta Pacovska e una pequeña obra de arte que os nenos disfrutan case tanto como o disfruta un adulto. As obras deste autor están destinadas aos máis pequenos.
 “El pequeño rey de las flores” está escrito con textos moi curtiños e moi sinxelos e acompañados cunhas ilustracións extraordinarias e que teñen un gran impacto visual polos seus coloridos debuxos.  É un conto que nada máis contemplar a portada ao neno se lle ilumina a cara pola a fantástica elección de poñer unha ventana troquelada para que se vexa ao gran protagonista do conto, o Rei. Cada folla que o pequeno vaia lendo ou ecoitando están troqueladas e deste xeito tan curioso poderá descubrir como ao rei das flores lle falta o amor dunha princesa. O rei busca a princesa por todas partes e, ao final, encontraa no interior da flor dun tulipán. Cásanse e son moi felices. A composición das páxinas que se va sucedendo mentras acompañamos ao rei na súa viaxe abren un mundo no que o monarca que é do tamaño dun neno, quere ser feliz e crecer. Este desexo levarao moi lonxe. 

Posiblemente cando o rapaz remate de ler o conto iranlle xurdindo unhas ganas irremediables de poñerse a pintar e debuxar, recortar, pegar e crear e contar unha historia.  

O conto non deixa de ser un bonito e sinxelo exercicio, no que os pequenos primeiro escoitan espectantes o que se lles está lendo e porque e un libro para tocar e para disfrutar.  É un fantástico xogo creativo e imaxinativo no que a amalgama cores xogan un papel moi especial.


 "El pequeño Rey de las Flores" 
Autor: Kveta Pacosvka
Editorial: Kokinos
Prezo: 18 €
Imaxes de "El pequeño rey de las flores"








No hay comentarios:

Publicar un comentario