martes, 4 de enero de 2011

Takemitsu Zamurai





Moitos mangas teñen a capacidade de entreternos, de facernos pasar un anaco divertido e agradable. Outros mangas ademáis non só fan que devoremos as páxinas, senon que incluso teñen o poder de trasladarnos a épocas lonxanas a través de debuxos afastados do canon actual do manga de hoxe en día.
O mangaka (debuxante de mangas) Taiyo Matsumoto e quizais un dos autores xaponeses que máis se afasta, xa non só  do debuxo habitual, tamén o fai coas historias e os argumentos que propón en cada un dos seus mangas. Moitos aficionados ao comic xaponés descubrirono grazas a “Tekkon Kinkreet”, no que se contaban as andanzas de dous rapaces de barrio chamados Kuro e Shiro.

A última obra de Matsumoto desplázase no tempo, concretamente case douscentos anos atrás: a Época Edo.
Cada páxina que se lee de Takemitsu Zamurai, que é como se chama o manga de este autor nipón, podemos observar como se ve a vida tradicional da época. O máis destacable é que veremos como era a vida no Xapón antigo cos ollos dun xove ronin (samurai sen amo).

A peculiaridade de este ronin e que según el está poseído por un demo. Un demo que debe ser exorcizado. Para iso marcha da súa cidade natal e chega a cidade de Edo (antigo nome de Tokyo). Alí vende a súa espada que leva por nome “Kamifusa” e merca un espada de bambú. A partires de ahí este xove samurái tan sumamente peculiar que se leva ben con nenos e vecinos traerános historias dese xapón de fai séculos.
O manga ten un trazo limpo. Case da a impresión de estar contemplando en cada una das súas páxinas una estampa típica xaponesa de ukiyo-e. O estilo de Taiyo Matsumoto no so concorda a perfección coa historia que nos está narrando,  ademáis fai que moitas das historias nos provoquen dozura e cariño por uns personaxes que pouco a pouco van gañando o noso respeto e aprecio pola forma que teñen de e falar e coas accións sempre acertadas en cada situación que se lles presenta; con esa sabiduría coa que só saben falar os protagonistas das grandes historias antigas niponas. 

A natureza, a traizón ou violencia, conforman un todo e regálanos un maravilloso conto de cambios, una travesía que o protagonista debe percorrer para darse conta dos erros pasados.
En definitiva, temos ante nos un manga diferente pero ante todo una historia chea de poesía, beleza, fantasía, oscuridade e guerreiros misteriosos perseguidos polo seu pasado.



Na Libraría Endo podedes atopar este magnífico manga de Taiyo Matsumoto. Cada tomo ten o prezo de 12 Euros.









1 comentario: