Botchan
Autor: Natsume Soseki
Editorial: Impedimenta
Prezo: 19€
Botchan é unha novela de Soseki Natsume. Publicouse por primeira vez no ano 1906 nunha revista chamada Hototogisu. Máis tarde os dereitos de publicación foron adquiridos pola Editorial Shunyodo.
A obra basease na experiencia do autor coma mestre e narra as aventuras precisamente con carácter “edokko” ou de Tokyo, basado do sentimento de xustiza. É unha das obras máis representativas e máis famosas e ñidas en Xapón nos últimos cen anos.
Botchan foi un rapaz orixinario de de Tokyo, e a historia comeza narrando a súa adolescencia despreocupada baixo o coidado dunha serventa chamada Kiyo. Botchan finalmente remata os seus estudos na Escola de Ciencia de Tokyo e acepta un posto de profesor de matáticas na escola secundaria da Cidade de Matsuyama, na Prefectura de Ehime. Alí, o primeiro que fai é poñerlle apodos aos seus superiores e colegas. Ao director chámao “Tanuki” (can mapache), ao xefe de estudos apódao “Akashatsu” (camisa vermella), ao profesor de arte “Nodaiko” (paiaso)…
Unha obra chea de humor, pero tamén de experienzas nas que Botchan crecerá coma profesor e coma persoa.
Los cuentos de Ise
Autor: Ariwara Narihira
Editorial: Trotta
Prezo: 12€
Os contos de Ise foron escritos por por Ariwara Narihira entre os anos 825 e 880. Ariwara foi un poeta xaponés pero ademáis foi príncipe do primeiro periodo Heian. Ademáis era bisneto do emperador Kammu, que reinou dende o 781 a o 806.
Os contos de Ise, narran lexendarias fazañas de amores cortesáns Son poemas-relatos, característica da literatura xaponesa, e consisten en versos curtos chamados “tanka”, intercalando pasaxes en prosa que narran aventuras.
Estes contos son exactamente 209 poemas tanka, de cinco versos, que en total suman 31 sílabas, distribuídas da seguinte maneira: 5, 7, 5, 7, 7. En ocasión están agrupados de a dous ou de atres, e separados por textos breves en prosa. Relatan en total 125 anécdotas.
Neles úsase un estilo elegante, pero nunha linguaxe primitiva. Os temas de amor, a ausencia do ser amado, o desengaño e a ledicia do reencontró. Narihira foi considerado un dos maiores poetas da primeira antoloxía imperial e cos Contos de Ise chegou a sua gran obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario