martes, 1 de febrero de 2011

Fotos da inauguración de "Os lobos de Moeche"

Pasaban xa algúns minutos das 20:30 da tarde cando Manel Cráneo comezou a falar sobre a súa exitosa obra "Os lobos de Moeche", un comic que transcorre durante a Segunda Revolta Irmandiña. Foi un acto desenfadado e moi divertido, na que os asistentes ademáis de redescobrer esta fabulosa historia que debuxou Manel, poido ver as diferentes láminas e pranchas que a Libraría Endo  expoñe nas súas paredes ata o 28 de Febreiro. Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, e por iso, deixo aquí unhas cantas para que poidades comprobar o ben que o pasou a concurrencia este pasado 28 de de Xaneiro.







Para poder ver máis fotos da Inauguración de "Os Lobos de Moeche" pincha aquí 






1 comentario:

  1. A presentación foi moi divertida.
    Impresiona ver os orixinais dos Lobos de Moeche e poder falar co autor.
    Ademais, non todos os días se poden ver orixinais de ilustradores galegos á venta.
    O orixinal en tinta estame tentando moito.
    A quen lle interesen orixinais que aproveite agora que aínda quedan disponibles!

    ResponderEliminar