lunes, 14 de febrero de 2011

Azumanga Daioh na Libraría Endo



Azumanga Daioh
Autor: Kiyohiko Azuma
Editorial: Norma
Prezo: 10€


Este xoves día 17 de Febreiro, terá lugar na Libraría Endo as 19:00h da tarde unha nova sesión de charla e proxección anime que leva por título: “Achegamento ao manga e o anine” Toca un manga con moito humor. O seu autor é o mesmo de Yotsuba!. Estamos a falar de Azumanga Daioh!. Se non o coñecedes e non o lestes, témolo na Lbraría.
Non faltedes!!!



Sinopse de Azumanga Daioh

Este manga segue o día a día de seis rapazas estudiantes e dúas profesoras nunha escola de secundaria de Xapón.
Podemos ver a obsesión de Sakaki cos gatos da cidade, a loita da nena prodixio Chiyo para conseguir a aceptación dun grupo moito maior en idade que ela, a pacencia de Yomi coa súa- menos lúcida- millor amiga Tomo. As ideas descabeiadas de “Osaka” e a competitividade de Yukari, a súa profesora, en situación como as vacacións de verán, festas, probas e  festivales atléticos de cada ano escolar. Ainda que se basea principalemente no cotiá, este manga contén situación absurdas con toques de surrealismo, como cando aparecen os sonos de ano novo dos personaxes.







No hay comentarios:

Publicar un comentario