sábado, 12 de febrero de 2011

As recomendacións do Sábado


Sake, la seda líquida
Autor: Antonio Champins Challer
Editorial: Zendrea Zariquiey
Prezo: 12€

Sake, la seda líquida adéntranos a un maravilloso mundo moi descoñecido en occidente e tamén nos axudará a descubrir a súa historia, o proceso de elaboración, os ingredentes, as rexións productoras, as clases de sake, as principais bodegas e as notas de cata.
Grazas ao lexendario perfeccionismo dos xaponeses para recoller os millores ingredentes e o mimo extremo dos artesáns que o elaboran, o sake convértese nunha bebida tan fina, tan delicada e tan chea de sutiles aromas e sabores, que a fai incomparable e digna de figurar e universalizarse coma unha das grandes bebidas do mundo.
O sake é unha bebida completamente natural, polo que xamais conterá  sulfitos nen conservante algún.
O sake é un misterio e un gran descoñecido e é por iso memso neste libro o gran descoñecido desta bebida  pode adentrarse no seu coñecemento, xa que a experiencia levaraos a un mundo cheo de sofisticados matices, onde a seda e o nácar entrarán a formar parte  da súa paleta de olores e paladares.










Chikaku, tempo e memoria en Xapón
Varios autores
Ediditorial: MARCO, Museo de Arte Contemporáneo de Vigo
Prezo: 25€

A exposición “Chikaku”, presentouse en Abril do ano 2010 do MARCO, o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo.. Nese momento o museo converteuse as súas paredes literalmente nun trampantojo. Parecían abertas pero en realidade non o estaban. O arquitecto Makoto Sei Watanabe ideou unha singular montaxe para dar cabida a unha mostra, única en España, onde nen sequera as palabras din sempre o mesmo. Chuikaku é á vez pensamento e sensación, un percorrido polos últimos cincuenta anos de arte nipón: 16 artistas de distintas xeracións, múltiples linguaxes, un soa memoria.
Por ese motivo MARCO edita un catálogo trilingüe (galego, castelán, inglés) con textos de Toshiharu Ito, Makoto Sei Watanabe, Ryuta Imafuku, Yoko Tawada e reproducións das obras en exposición e biografías dos artistas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario