martes, 22 de marzo de 2011

As recomendacións do día


¿Quién soy?
Autores: Tamio Koshino e Jun Takabatake
Editorial: Zorro Rojo
Prezo: 12€

Un orixinal álbum que ofrece aos máis pequenos a posibilidade de descubrir aos animais escondidos na escuridade da noite.
Un barniz sobre o fondo negro das figuras agrega reflexos ao mundo nocturno deste libro singular.








Arte de la lengua japonesa
Autor: Melchor Oyanguren de Santa Inés
Editorial: Iberoamericana Vervuet
Prezo: 24€

Do franciscano Melchor Oyaguren de Santa Inés (1688-1747), conservouse a primeira gramática do xaponés escrita en español: “Arte de la lengua japona” (1738) destinada para a misión franciscana en Manila. Oyanguren compara o xaponés con outros idiomas exóticos coma o tagalo, o chino, malayo e o euskera, a súa lingua nativa. Consecuentemente, Oyanguren añade aquí unha nova dimensión á técnica. Este franciscano foi probablemente un dos primeiros – ou o primeiro- en agrupar linguas do tipo aglutinante, confrontando o euskera co xaponés.


No hay comentarios:

Publicar un comentario