miércoles, 9 de marzo de 2011

Proxección de curtas




A Libraría Endo (A Coruña- R/Entrepeñas, 41 Baixo) volta este sábado día 12 de Marzo cunha nova actividade. Esta actividade será a proxección de dúas curtametraxes.

Estas dúas curtas serán presentadas por Sergio Pena e  Alfredo Pardo de Chantada Films, este sábado día 12 de Marzo ás 18:00h da tarde. "Amor ansioso" e "Garabolis" son os nomes destes dos traballos.
Por unha banda temos “Amor ansioso” dirixido e guionizado por  Sergio Pena. 

A curta conta a historia de Iván, un mozo de familia de ben traballa nunha oficina, posto que consegue coa mediación do seu acaudalado pai, empeñado en facer del un home de proveito. A separación dos seus pais aféctalle ata o punto de padecer unha terrible ansiedade, que trata con medicación.

A segunda curta chámase “Garabolis” e está dirixida por Alfredo Pardo Hermida e guionizada por Manuel Guisande. Algúns dos actores que aparecen nesta cinta son Carlos Blanco e Mela Casal.

A historia conta coma Garabolis non só é unha rúa, é un rapaz que soña con ser un atouciñado terratenente. Na Chantada dos anos 40, onde pordioseiros, busconas, vividores, gardas e labregos, conviven nesta xungla rural; a picaresca e as aspiracións de Garabolis agudízase polas labirínticas rúas da Vila.


Cartaces das curtametraxes










2 comentarios:

  1. Son SERGIO PENA o director e guionista de Amor ansioso, ese tal Pernas é un impostor!!
    Pódovos mandar o cartaz da miña curta se o desexan.

    ResponderEliminar
  2. Por suposto que podes mandalo deste xeito podemos poñelo tanto no blog, cama noutros medios.

    ResponderEliminar