martes, 12 de abril de 2011

Charla sobre artistas e revistas xaponeses dos anos 50




O xoves 28 de Abril terá lugar na Libraría Endo (R/Rntrepeñas 41) as 20:30h da tarde unha charla sobre artistas mangakas e revistas da década dos 50 en Xapón.
Un repaso sobre revistas tan emblemáticas coma Garo (fundada en 1964 por Katsuichi Nagai), e artistas que cambiaron o concepto que ata o momento se tiña do manga. A si mesmo iranse desgranando as influencias destes Mestres da ilustración coma poden ser os coñecidos Hideshi Hino, Shigeru Mizuki, Shuehiro Maruo ou os menos coñecidos polos aficionados coma son Carol Shimoda ou Seichi Hayashi. Autores que fixeron unha revolución na década dos 50 e 60 non só no manga senon tamén no ámbito da publicidade grazas á súa particular visón da sociedade xaponesa. 

Do mesmo xeito planexaranse preguntas tan interesantes coma ¿Ata que punto a nova ola de ilustradores e artistas gráficos xaponeses teñen influencia e son herdeiros do taballo dos iluistradores daquela época? ¿Revistas coma AX ou ROBOT intentan emular as suas predecesoras Garo, Kodomo no Kuni ou COM. ¿Ata que punto o surrealismo e o arte abstracto destes autores provocou un cambio de visón na industria do manga?

Estas e moitas outras preguntas terán resposta nesta charla que impartirá David Pazos, autor do blog Serial Experiments, adicado a manga e anime experimental.


Esperámosvos a todos o xoves 28 ás 20:30h da tarde.


No hay comentarios:

Publicar un comentario