jueves, 14 de abril de 2011

Sombras, de Lafcadio Hearn


Sombras
Autor: Lafcadio Hearn
Editorial: Satori
Prezo: 21€

Compendio de onbservacións, filosofía, meditación e narración. Sombras é unha obra tan insólita e cautivadora coma o seu autor, Lafcadio Hearn, o gaijin (extranxeiro) que, a ollos dos propios xaponeses, mellor soubo comprender a cultura nipona e os seus segredos máis fondos.

Ao longo das páxinas deste libro, Hearn, invítanos a contemplar íntimamente o terror, sumerxíndonos nun mundo de lendas de amor e espectros ambientadas no Xapón antigo; pero tamén diserta filosóficamente sobre as cigarras ou plantexa un estudo detaiado dos “yobina”, os nomes propios femeninos.

Grazas ao seu agudo sentido da estética e á súa misteriosa habildade para traducir os sentimentos en palabras, Lafcadio Hearn desperta ao intelecto e ao espíritu e frécenos unha excelente perspectiva plagada de lisrismo non só do seu país de adopción, senon da humanidade en xeral.



Quén é Lafcadio Hearn?


Lafcadio Hearn (1850-1904), neceu en Grecia pero de pai irlandés e nai grega, criouse entre entre Grecia e Irlanda. Aos dezanove anos trasladouse aos Estados Unidos para iniciar a carreira de periodismo e posteriormente a Xapón en 1890, onde pasaría o resto da súa vida coma profesor e escritor. Foi un dos primeiros europeos en dar a coñecer a cultura xaponesa ao lector occidental.  A súa larga estancia en Xapón, sumada ao seu fondo coñecemento da cultura e tradicións niponas e asúa imaxinación poética e estilo narrativo aseguráronlle un lugar privilexiado na comunidade lectora occidental pero a súa sensibilidade e asúa completa comprensión do temperamento xaponés doulle un oco no corazón dos xaponeses, que ainda hoxe o consideran coma o occidental qe mellor os comprendeu.


Imaxes de Lafcadio Hearn









No hay comentarios:

Publicar un comentario