martes, 5 de abril de 2011

Inauguración da exposición de Sergio Covelo

Cartaz realizado por Sergio Covelo


Este venres día 8 de abril ás 20:30h da tarde terá lugar na Libraría Endo (A Coruña-Rúa Entrepeñas,41 Baixo) a inauguración dunha nova exposición, nesta ocasión temos o pracer de contar con Sergio Covelo que fará un repaso ao seu traballo cunha exposición chamada: “Un mono moi feo: unha exposición de comix, ilustración e fauna variada”.

Os asistentes ademáis de poder ver e contemplar a exposición de Sergio Covelo, poderán coseguir un exemplar firmado do número 15 do fanzine Barsowia; fanzine no que publicou o seu último cómic.

Teremos tempo tamén de tomar un viño e picar algo, falar e sobre todo pasar unha noite agradable entre debuxos e libros.





Quén é Sergio Covelo?


Sergio Covelo Moreira (Vigo 1976)
Comezou nisto dos tebeos a principios dos 90 formando parte do fanzine “Chámalle X”. Tamen colaboreu con fanzines do ámbito vigués coma o “Whore”, o “Cómikaze” e tamén co “Fanzine das Xornadas”. Logo diso viñeron colaboracións con publicacións de fora de Galicia como “Cabezabajo”o “Dos veces breve”. Tambien con revistas como “Código Cero”, o “Ollo Público” ou xa a un nivel máis profesional no suplemento da Voz de Galicia “Golfiño” ó tempo que comeza a súa andadura profesional coma deseñador e ilustrador. Sen deixar de lado, claro  a súa faceta como historietista.
Membro do colectivo Polaqia, fundou xunto cos seus compañeiros o fanzine Barsowia, galardonado no Saló de Barcelona tanto polos votos do público coma na sección oficial. Outras publicacións nas que participou foron os albumes “H2Oil”, “Barsowia en llamas”(Dolmen 2006) e na novela gráfica “Capital”(Ediciones de Ponent). No presente ano espera estrenarse en solitario.

Galardóns:
Gañou un accésit no Concurso Galego de Banda Deseñada, categoría B (18 a 30 anos) en 1997. Coa historia "A realización persoal de D.X." levou un accésit no XV concurso galego de banda deseñada Xuventude 1999. Recibiu o primeiro premio no Certame de Cómic de Arteixo (2000), categoría C (adultos), coa historia "Salvar o Ovo Ryan", unha parodia culinaria do filme de Steven Spielberg. Xunto con Kike Benlloch fixo "Asasinos", 2º premio na categoría A do certame de cómic de Cangas 2007.





No hay comentarios:

Publicar un comentario