martes, 28 de junio de 2011

As recomendacións do día


Cuentos de amor alrededor del mundo (libro+CD)
Texto: Muriel Bloch/Narradora: Cristina Peregrina/Música: Fred Costa e Guilla Thiam/Ilustracións: Chloé Poizat
Editorial Kókinos
Prezo: 26€



En seis contos e unha canción seleccionadas nos catro confíns do mundo, Muriel Bloch explora as facianas insólitas do amor.

Tras o destino das personaxes moi variadas atopamos toda unha gama de sentimentos amorosos que evoca a narradora: unha xove nómada que fuxe dos seus por mor  dun bico roubado, un pequeno camello branco disposto a todo para atopar á súa nai, unha xove casada que arrisca a súa vida na súa noite de vodas, dous nenos que se queren a pesar das pohibicións.

Unha viaxe sorprendente, sublimado polas ilustración de Cholé Poizat con acopañamento musical de Fred Costa (clarinete, saxofón e teclados) e Guilla Thiam (voz, guitarra e percusión).








Mefi, Sata e Demi
Texto: Mercedes Neuschfer-Carlón / Ilustracións: Dani Torrent
Editorial Kalandraka
Prezo: 13€


No centro dunha fraga de enormes e antigas árbores, alzábase un castelo escuro e tebroso. Alí vivía o viúvo conde Similoff cos seus tres fillos: Mefi, Sata e Demi.

Estes tres nenos eran tres verdadeiros demos que lle facían a vida imposible a todo o mundo. Máis un dia o conde decide volta a casar e as cousas comezan a cambiar. Comezan a cambiar... coa chegada ao castelo de tres nenas doces, limpas e ben educadas...








No hay comentarios:

Publicar un comentario