martes, 21 de junio de 2011

Novedades de importación

Despera
Autor: Yoshitoshi aBe
Idioma: xaponés
Prezo: 30€

O ansiado e esperado novo manga de Yoshitoshi aBe, por fin sae á luz. Despera ademáis de manga terá unha adaptación a anime, no que ambiente retro, marca a base do historia, así coma tamén o fai un debuxo no que se pode ver a influenza da novela negra.










The art of Hideshi Hino
Autor: Hideshi Hino
Prezo: 25€

Fabuloso artbook do mestre do terror xaponés Hideshi Hino. Neste libro de ilustracións pódese ver unha boa selección dalgun dos seus mellores debuxos. Un documento gráfico imprescindible para os amantes do bo manga sobre yokais, demos e terror.











Girlfriends Betten Court: Illustrations 1996-2006
Autor: Beten Kohito, alias Betten Court
Prezo: 30€

Esta é a primeira colección de ilustracións do mangaka Beten Kohito, máis coñecido polo seu nome artístico Betten Court, autor de Girl Friend (con guión de Masaya Hokazono)
O artbook contén os traballos realizados ao longo de 10 anos 81996-2006) que contén ilustracións dos seus primeiros traballos, algunhas delas tamén son novas e inéditas.












Nana: First Artbook
Autora: Ai Yazawa
Prezo: 30€

O éxito do manga e anime Nana de Ai Yazawa, chegou cotas tal altas que a súa autora decidiu lanzar fai uns anos dous artbooks da serie que a lanzou a estrelato. Neste libro de ilustración cunha edición moi coidada descubriremos algúns dos debuxos mási buscado polos fans deste shojo/josei que narra a vida paralela de dúas rapazas que se chaman igual e comezan unha amizade que lles deparará risos, amoríos e drama.













Pixiv Official Book 2010
Varios artistas
Prezo:  40€

Pixiv é unha comunidade inline de artistas xaponeses. Naceu en Setembro de 2010 e foi creada por Takahiro Kamitami.
Pixiv ten coma obxectivo proporcionar un lugar para que os artistas expoñan as súas ilustracións e obter información através dun sistema de clasificación e comentarios dos propios usuarios.

















Blue
Autor: Yusuke Nakamura
Prezo: 50€

Artbook do xa famoso mangaka e, ilustrador e animador xaponés Yusuke Nakamura. Un referente para os novos valores do comic xaponés e un valor en alza xa que recolle o mellor dos autores dos anos 60 e moderniza, obtendo un resultado incrible e dotando dunha sinxeleza de trazo todo o que debuxa. Imprescindible!













Summer Wars Animestyle Archive
Autor: Mamoru Osoda
Editorial: Madhouse
Prezo: 35€


Summer Wars Animestyle Archive é o storyboard completo da película Summer Wars, dirixida por Mamoru Osoda. O éxito desta película é proporcional á súa calidade argumental e tamén á súa excelente e impresionante animación, que rompre moldes e se adentra nun mundo virtual. O storyboard consegue que vexamos ao detalle cada mínimo detalle de como se realizou esta película e como os personaxes son creados a lápis.









No hay comentarios:

Publicar un comentario