jueves, 16 de junio de 2011

Música tradicional japonesa (de los orígenes al S.XVI)

 


Música tradicional de Japón (de los orígenes al S.XVI)
Autor: Akira Tamba
Editorial: Akal
Prezo: 21€

Esta obra explora as tres formas máis antigas da música xaponesa na súa función ritual ou ceremonial: o shomyo, canto litúrxico que pertence ao patrimonio do pensamento budista. O gagaku, música de corte que é a máis antiga música armónica do mundo interpretada hoxe en día. Por último, a música de biwa, canto épico acompañado do laúd que relata as epopeias medievais do Xapón.

Unha parte importante do libro está adicada aos intrumentos e ao exemplos musicais transcritos en notación occidental.

Ao analizar estas formas musicais milenarias ainda vivas, este libro constitue unha chave de acceso á cultura e á mentalidade xaponesa e permite asi mesmo verificar cómo o país nipón mentén unha das súas singularidades coma é a perpetua asimiliacón das formas artísticas.

O libro foi escrito por Akira Tamba, diplomado pola Universidade das Artes de Tokyo e polo Conservatorio Nacional de París, galardoado en varios concursos internacionais. Dende 1967, desenrola en París unha doble carreira coma compositor e musicólogo no CNRS.







No hay comentarios:

Publicar un comentario