lunes, 11 de julio de 2011

The art of Welcome to the Space Show




The art of  Welcome to the Sapace Show
Autor: Mitsumura Suiko Shoin
Editorial: A-1 Pictures
Prezo:43€

Com a xa sabedes o próximo día 30 de Xullo terá lugar na Libraría Endo as Xornadas de Anime Endo. Unha das películas que se proxectarán ao longo deste sábado adicado ao anime será “Welcome to the Space Show”. E xa que se poderá ver esta película e ademáis subtitulada ao galego, tameén podedes atopar en Endo o artbook deste filme de aventuras e amizade, que conta as peripecias de cinco nenos humáns que certo día se atpopan cun habitante doutro planeta que os levará de viaxe polo inmenso, colorido espazo e vivirán experiencias inesquecibles en planeta aos que nunca pensaron que se podería viaxar.
O artbook e un  repaso polas imaxes, fotogramas  escenas más divertidas, coloristas e épicas desta película de animación xaponesa que foi todo un éxisto de crítica en Xapón e no pasado Festival de Sigtes.
Non cabe dúbida de que dende o primeiro intre no que temos este libro de ilustracións nas nosas más algo nos transporta ao máxico mundo no filme e nos empurra a descifrar o arte que atesoura no interior.
Non só atporaemos a citada colección e selección de imaxes, tamén bocetos a lápiz das localizacións, edificios, e personaxes que aparecen ao longo e ancho da trama.
Imprescindible tanto a película coma este libro de ilistracións que ten certo regusto ao Estudo Ghibli, ou á recenté e Summer Wars .


Imaxes o artbook







No hay comentarios:

Publicar un comentario