martes, 5 de julio de 2011

Exposición fotográfica de David Pazos




Este venres día 8 de Xullo ás 20:30 da tarde terá lugar na Libraría Endo (A Coruña- R/Entrepeñas 41, Baixo) a inauguración da exposición fotográfica "Click-Beat" do fotógrafo coruñés David Pazos.

Nesta nova exposición poderase ver unha selección fotográfica dalgúnhas das imaxes que ao longo dos últimos anos este fotógrafo ten feito. Luces, concertos, fotografía publicitaria... conforman unha mostra que colgará das paredes de Endo ata o día 5 de Agosto.

Os asistentes tamén poderán disfrutar dun viño e charlar animadamente sobre fotografía nesta nova entrega de ExpoñEndo.

Esperámosvos a todos este venres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario