viernes, 24 de diciembre de 2010

As recomendacións do día



 Hoxe recomendamos...


Os lobos de Moeche
Autor: Manel Cráneo
Editorial: Demo
Prezo: 10


No ano 1497 na cidade de Bolonia, Martín de Ferreira, firma un libro coas súas memorias no que lembra os feitos que fixeron que pasase de ser un mozo labrego a converterse nun mozo do Renacemento.
Xunto ao seu irmán vivirá, nas terras do Eume, unha intensa aventura marcada por dramáticos acontecementos, nunha época socialmente afogada polo sistema feudal, onde a xente dos pobos e vilas non tardarán en reaccionar aos abusos da nobreza de forma contundente.




El Japón fantasmal
Autor: Lafcadio Hearn
Editorial Satori
Prezo: 15


No Xapón pantasmal danse cita personaxes sobrenaturais: pantasmas, espectros, e demos cuxas espeluznantes historias vanse entrelazando con folclore, coas supersticións e as tradicións máis antigas de Xapón. 
Nas súas páxinas descubriremos a un peregrín que camiña por unha montaña de cráneos, á esposa moribunda que entrega ao seu rival unha herencia siniestra... Atrévete a a ler "El Japón fantasmal", onde nada e o que parece.




No hay comentarios:

Publicar un comentario