martes, 21 de diciembre de 2010

Crónica da presentación de "A historia xamais contada.."





Onte ás 20:30 presentouse na Libraría Endo “A historia xamais contada” de Mariano Casas.
Foi un encontro no que o autor deste comic puxo sobre a mesa todo todos aqueles elementos que calquera que algunha vez sentiu un mínimo de curiosidade por como se crea unha historia, lle gustaría saber.

A través de imaxes, os asistentes puideron comprobar que moitas veces, non fan falla as letras para chegar a  comprender a mensaxe que se quere transmitir.
Mariano reflexionou acerca da súa propia maneira de facer comic e o fixo a través das preguntas que a xente lle ía facendo. Quizais o seu debuxo pareza moi tosco, pero para chegar a facer este tipo de debuxo vectorial, hai que saber debuxar moi ben. Isto foi algo que quedou totalmente demostrado vendo algunha das obras e láminas dun futuro proxecto.
“A historia xamais contada” tal e como conta o seu autor, foi un proceso creativo interesante xa que se documentou para poder levalo a cabo e iso vese reflectido tanto na historia coma nas localizacións nas que trancorren os feitos.

Unha historia brillante que conta a vida tranquila e aburrida dun creador de storyboards que por moito que o intente non consigue crear aquilo que quere. A través dos ollos do seu personaxe principal que é un tanto anacoreta vemos como vai cambiando a súa vida e a súa maneira de pensar. Non contarei nada máis do argumento. Para iso teredes que lelo e disfrutalo.

Só me queda darlle as grazas a Mariano Casas por vir á Libraría Endo e presetar a súa obra. Foi toda unha unha clase maxistral e unha boa ocasión para os presentes que non son habituais do comic, se puideran achegar a el,  decubrilo e disfrualo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario