domingo, 19 de diciembre de 2010

Mariano Casas presenta "A historia xamais contada xamais contada"


Imaxe de "A historia xamais contada xamais contada" de Mariano Casas
Mañá luns pola tarde ás 20:30 horas na Libraría Endo situada en A Coruña, na Rúa Entrepeñas 41 Baixo, temos o pracer de contar con Mariano Casas Gil que presentará a súa nova obra “A historia xamais contada xamais contada”. Esta será a primeira das moitas presentacións que se farán a partir de agora na libraría.
 
Nesta presentación, Mariano Casas falará do proceso creativo desta nova obra. Tal e como di o propio Mariano: “explicaré a los asistentes los pormenores y vicisitudes de este libro, cómo lo fui haciendo, bocetos, fotografías, etc, etc, que lo hicieron realidad...”.
O sorprendente desta nova obra de Mariano quizais e que está feita con imaxes vectoriais. Unha historia a priori sinxela, pero que a medida que se van pasando as páxinas un descubre a complexidade dos personaxes e a súa maneira peculiar de vivir e comprender a vida. Sen dúbida algunha todos aqueles que o poidan ler poderán descubrir unha gran historia no seu interior.

Aqueles que desexen vir a presentación poderán adquirir as obras de Mariano na libraría e contar con un exemplar firmado polo propio autor se así o desexan
Estou seguro de que será un encontro entre autor e aficioados bonito e sobre todo será unha gran clase maxistral de cómo crear un comic.
Sen máis convídovos a que vos acheguedes mañá pola tarde pola Libraría Endo ás 20:30 horas e poidades descubrir a este autor galego de banda deseñada.





2 comentarios:

  1. Me gustó muchísimo la presentación. Sobre todo la explicación de cómo se le ocurrían las ideas y despues las iba plasmando en papel.
    Da gusto que los autores te cuenten un poco más de lo que hay detrás de un cómic impreso.
    Espero con ganas un nuevo cómic de Mariano Casas.

    ResponderEliminar
  2. Pois eu tamán o espero con ganas, por que ademáis de ser un gran debuxante e contador de historias e unha gran persoa!!

    ResponderEliminar