jueves, 24 de febrero de 2011

As recomendacións do día


Toyo Ito 2005-2009
Publicación: El croquis
Prezo: 49€

Extenso monográfico do famoso arquitecto xaponés Toyo Ito. Neste número 147 da revista especializada en arquitectura poderemos ver os traballos realizados por Ito dende o 2005 ata o ano 2009. Maquetas, planos e fotos ilustran de maneira excepcional este libro documental que ademáis ten o aliciente de poder ler nas súas páxinas unha entrevista co arquitecto nipón.






Lobas
Autora: Rachel Deville
Editorial: sin sentido
Prezo: 16€

Rachel e Ann, dúas irmás xemelgas que chegan ao mundo xuntas e se enfrontan á vida xuntas, inventaranse un idioma propio, vivindo nun mundo imaxinario común onde desenrolar unha complicidade única. Pero esta relación tan forte, que as protexe da mirada dos demáis, tamén pode ser perigosa. Sobre todo cando cada unha se busca a si mesma no reflexo da outra e comza a xerminar o odio…



No hay comentarios:

Publicar un comentario