martes, 22 de febrero de 2011

Os contos da avoa






Este sábado día 26 de Febreiro ás 11:30 da mañá terá lugar la Libraría Endo, a primeira actividade adicada a nenos e nenas. Esta actividade leva por nome: “Os contos da avoa”. Nela, unha avoa fará de contacontontos e ensinará aos rapaces e rapazas unha maneira moi divertida de aprender lendo e escoitando contos.
O primeiro conto que a avoa lles descubrirá aos máis pequenos será “Grisela”. Esta historia editada por Kalandraka ensinaralles que se pode ser moi feliz aceptándose tal e coma un é. Iso e o que lle pasa a Grisela a ratiña protagonista do conto.
Rematarase este primeiro contacontos cunha canción sorpresa dun libro especial.
Invitamos aos nenos e nenas a vir, para pasar un rato divertido e coñecer a Libraría Endo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario