miércoles, 23 de febrero de 2011

Concurso Cosplay Entroido 2011





O Entroido chega á Libraría Endo (A Coruña-R/Entrepeñas, 41 Baixo) e faino ao grande. De que maneira? Pois cun concurso cosplay para todas e todos aqueles que queiran pasar un rato divertido cheo de cor e en forma de personaxes de manga, anime, videoxogos, series…

Todos aqueles que vos queirades apuntar só tedes que presentarvos 18:00 da tarde do día 5 de Marzo na Libraría Endo para que poidamos apuntar os vosos nomes e o presonaxe do que ides cosplayeados, para posteriormente dar comezo ao concurso, que terá unha única categoría: individual

O concurso terá unha presentadora e un xurado integrado por tres membros con altos coñecementos sobre patronaxe, anime e manga.
Este concurso de Cosplay está organizado pola Libraría Endo especializada en manga e cultura xaponesa e colaboran no evento dúas asociación coruñesas: Posición B (asociación fotográfica) e Movemento Xove (organizadores de Expotaku 2011).


Os premios serán os seguintes:


1º Posto e gañador: sesión fotográfica en estudio da asociación fotográfica coruñesa Posición B + 2 libros ou Merchan (ainda por determinar)

2º Posto: sesión fotográfica en estudio da asociación fotográfica coruñesa Posición B + 1 libro ou merchan (ainda por determinar)

3º Posto: sesión fotográfica en estudio da asociación fotográfica coruñesa Posición B


As sesións fotográficas realizaranse por dous fotográfos profesionais  e integrantes da Asociación Posición B no estudo fotográfico do que dispoñen na súa sede.  




No hay comentarios:

Publicar un comentario