martes, 8 de febrero de 2011

As recomendacións do día



O astrólogo e a feiticeira
Autor: W. Irving. en versión galega de Paco Liván
Editorial:OQO
Prezo:12,90€


O rei Aben Habuz nunca se conformaba co que tiña. Ordenaba ao seu exército invadir e roubar os reinos veciños constantemente. Pero a cambio, vivía morto de medo no seu palacio, temendo a vinganza dos seus inimigos.Pero unha mañá chegou á corte un vello astrólogo que conseguiu cos seus conxuros que ningún inimigo se atrevese a ameazar de novo ao rei. O ancián ofreceulle a súa protección e o seu consello ata que a chegada a palacio dunha moza belísima converteu a Aben Habuz nun caprichoso e desobediente namorado. Todas as ilustracións do libro están feitas por nenos e nenas.









Insekt
 Autor: Sascha Hommer
Editorial: Sin sentido
Prezo: 16€

Pascal leva a vida de calquera rapaz: via ao cole, queda cos amigos para xogar aos videoxogos e gústalle unha nena da súa clase.
Pero na cidade na que vive está cuberta de fume, que non só fai que Pascal non vexa nada; por sorte tampouco o ven a él. Cando a verdade sae á luz, a súa vida da un xiro e todo se volve de diferente cor. Decobre a verdade nas páxinas de Insekt.




No hay comentarios:

Publicar un comentario