O próximo luns día 21 de Febreiro terá lugar na Libraría Endo (A Coruña-Rúa Entrepeñas, 41 baixo) ás 20:00h da tade, a presentación do libro Manga: del cuadro flotante a la viñeta japonesa. Escrito por José Andrés Santiago Doutor pola Universidade de Vigo e profesor na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Nesta presentación do libro José Andrés Santiago, falará sobre como decidiu ponerse a escribir un libro sobre manga, as súas motivacións. Fará un repaso tamén en forma de fotografía dese Xapón tan aficioado ao manga.
No libro consegue unha mezcla entrelinguaxe académico e linguaxe sinxelo. Precisamente esa combinación fai deste traballo un docuemento moi atractivo para todo tipo de públicos, sexan este aficionados ao manga ou non, pero que están interesados en saber e coñecer a historia do manga, as súas características, a súa influencia tanto en Xapón coma en Occidente ou a repercisión a nivel económico que supón o manga no país que o veu nacer. É un repaso detaiado sen caer en tópicos que quizáis xa están moi enraizados no imaxinario colectivo pero tamén do propio fan do cómic nipón.
Nos capítulos iniciais disecciona o comezo do arte ilustrado xaponés dende o S.VII como o emaki, pasando polo roios giga do sacerdote Toba Sojo, no que podemos atopar representacións de deidades e demos oni que pertencen á mitoloxía tradicional xaponesa. Un repaso detaiado que vai máis alá da historia artística de Xapón e que nos pon en sintonía cos cambios plíticos a través das diferentes eras e períodos polas que o país do Sol Ncente pasa. Shogunatos, Eras e Períodos foron espectadores de excelentes artistas que nos deixaron a súa visión da vida e das tadicións.
A través das súas páxinas podemos descobrer a delgada liña que existe entre diferentes tipos de manga coma son o Shonen, o Seinen e incluso o Shojo. Fala dos autores e as publicacións mangashi que achegaron p manga ao arte e a publicidade, como a Revista Garo ou a COM. Fala sen tapuxos sobre sous tipos de manga coma son o Yuri e o Yaoi, que moitas veces da a impresión de que para outros autores é un tema tabú do cal está prohibido falar.
Posiblemente un dos moitos aportes de José Andrés nesta publicación, é o capítulo adicado á sociedade , na que fala entre outros temas sobre o “Fandom”, os famosos “fansubs” e o que supuxo para aficionado e para o mercado do manga e o anime a aparición de internet Como o manga está presente na vida cotiá e está influindo tanto no pensamento como na moda ou o deseño na sociedade xaponesa.
Di José Andrés no epílogo que “un dos grandes logros do manga, en tanto que a manifestación cultural foi a de conmover a un amplo sector da poboación con total independencia do seu bagaxe educativo, coñecementos teóricos o posición social”, No lle falta razón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario