viernes, 31 de diciembre de 2010

As recomendacións do día

Hoxe recomendamos...


"La mazmorra. Mi hijo el asesino"
Autores: Lewis Trondehim, Joann Sfar,  Joann Sfar e Blutch
Editorial: Sins entido 
Prezo: 19 €

Mi hijo el asesino  é unha das aventuras da serie “La mazmorra”, na que Sfar, Tronheim e Blutch cambínanse con destreza para narrar, con gran sentido do humor esta historia de asesinatos e espías, de campesinos antropófagos e dixestións pesadas, de poder e fantasía heroica. Neste número, Jacinto de Cavallere, xa casado e todo un señor, necesitará a axuda de Marvin e asúa nai para facer frente as perversas intencións  de Os Magos.
  

El Tiovivo mágico
Autor: Fernando Jáuregui
Editorial: La osa menor
Prezo: 18.95 €


Conten unha atracción en 3D e un conto protagonizado polos personaxes dos contos clásicos. Abre esta caixa e descubrirás un mundo novo: o mundo das atraccións de feira. Monta o Tiovivo máxico e xoga cos personaxes dos contos clásicos e cos seus animais máxicos preferidos, que atoparás no sobre  que está dentro. Ademáis, descubre como consegue Brancaneves convencer aos seus amigospara que vaian a feira.¿Podraos convencer con algodóns de azucre e xeado?




jueves, 30 de diciembre de 2010

¿Quén é...? Hideshi Hino






Hideshi Hino é un mangaka atípico para os tempos que corren. É atípico por que fai manga de terror, e ademáis faino de maneira excepcional e contando historias dese Xapón que moitos descoñecemos. Ese Xapón que moitas veces vemos case de maneira presencial nalgún que outro manga ou anime.
O primeiro que debemos saber de Hideshi Hino é que a pesar de que él é xaponés, durante moitos anos viviu en Manchuria. Manchuria pertence a China. A razón pola cal os país de Hino e el mesmo emigraron a esta rexión en 1946 foi por temas políticos. Alí, o pequeño Hideshi viviu nun ambiente de violencia, é constantemente vivía actos de linchamento xa que se estaban a producir movementos anti-xaponeses. Quizáis este actos delictivos e de profunda carga violenta, son os que moveron a este mestre do manga a querer facer un tipo de traballo cercano ao horror e no que se exalta de maneira moi clara moitas escenas do Xapón tradicional e as súas lendas.

Hay que ter en conta que Hino é xa un mangaka “dos de antes”. Xa quedan poucos debuxante da súa estirpre. Mangakas que coma el chegaron a publicar na exitosa revista COM de Osamu Tezuka, o na anterior revista GARO. Revistas que se achegaban a un tipo de manga experimental e se facían eco de historias diferentes e de autores que “estaban noutra onda diferente á do resto”. 

Sabido isto, agora xa só nos queda saber por qué ten tanto éxito este señor de pelo blanco e cola de cabalo que escribe e debuxa historias fantasmagóricas e de tremendo horror. O primeiro que cabe destacar é a súa sinxela maneira de narrar , na que as onomatopeias xa case  son parte do arte do propio debuxo e estaán totalmemente integradas nel.
Ose estilo de debuxo, no é o que xa está integrado no imnaxinario colectivo nos amantes do manga e anime. Contrasta ese aspecto estilizado e ao mesmo tempo con un estilo moi característico no que os personaxes son rechonchos, con ollos saltóns, caras fanstasmais nas que as olleiras forman parte do fundamental das caras que xa son un clasico no mundo manga.

Cabe destacar que Hideshi Hino, escribe para un público adulto.  As continuas explicacións que da o autor na súa obra fainos ver que quere que  o lector entenda exactamente o que quere debuxa e escribe nos seus mangas. Podería parecer que quere abarcar un amplo espectro de público (adultos, nenos), pero non é así. Os seus mangas están dirixidos para adultos.
Guións atípicos e profundos, momentos de autentico terror e algúns momentos de humor. Todo isto fainos ver que un bo manga a pesar da profundidade que posúe non ten por que ser un “rollo” e serve para pasar un  rato lendo historias de séculos pasados nos que os fantasmas, os nenos gusánse as historias nas que a morte e a desgracia se dan cita. Historias ao fin e ao cabo que son a visión personal dun mundo oculto, historias dun mestre do manga que segue a facer grandes obras.
Na libaría Endo poderedes atopar todas as obras de Hideshi Hino editadas en España por Editorial la Cúpula.


Estes son algún dos títulos que poderedes atopar de Hideshi Hino na Libraría Endo


 Onimbo



 Noches de Zipango



 El niño Gusano 



Historias de la máscara



 Circo de monstruos




Galería de horrores




lunes, 27 de diciembre de 2010

Breogán, de Isaac Amboage



Galicia conta con moitos e moi bos debuxante e guionistas de comics, ou tebeos, da igual como queirades chamalos. Nomes que de seguro son admirados por algún rapaz aficionado á Banda Deseñada. Este é o caso de Isaac Amboage. Rapaces como el conforman a canteira que un día farán grandes comics. E fácil ver a xente nova leer manga ou comic americano, pero se algo escasea e ver a paixón con que un rapaz  fai fanzines, escribe blogs e intenta introducirse no mundo da viñeta a base de talleres e cursos para millorar e aprender día a día.
A Libraría Endo non só apoia aos autores galegos consolidados e cunha traxectoria chea de grandes títulos, tamén apoiamos aos xoves creadores que veñen con gañas e coa ilusión de quen está comezando.
Isaac Amboage chegou co seu Fanzine chamado “Breogán” na man e díxome se podía deixalo na libraría. Non houbo lugar a dúbidas. O comic xa ten o seu propio oco na libraría. Asi que xa sabedes, se queredes leelo só tendes que vir  ata Endo preguntar por “Breogán” e polo precio de 2 Euros teredes o voso exemplar. Estou Seguro que vos gustará!
Estou seguro de que Isaac chegará a conseguir todo o que se propoña. Dende aquí, os máis sinceiros parabéns.


Traballos publicados, premios e eventos do autor:

Taballos Publicados

-Sinónimos de Lucro Nº02, Agosto 2.010, fanzine, coa historieta Misión Imposibel.

-Breogán, Agosto 2.010 .

Premios

-3º premio no Concurso Retranqueiro:Pasaratos Ortogal, Diciembre 2.009

-2º premio no "I Certame Literario de Cómics I.E.S. Miraflores", Maio 2.010


Eventos

-Presentación del Nº02 de Sinónimos de Lucro, Vilagarcía de Arousa, Septiembre 2.010


Por certo, deixovos unas cantas imaxes de debuxos de “Breogán”, debuxada e guionizada por Isaac Amboage.




Se alguén quere visitar o blog de Isaac só ten que pinchar neste link: Comics franco-belgas y gallegos




domingo, 26 de diciembre de 2010

As recomendacións do Domingo



Para este Domingo a Libraría Endo recomenda...



"Soidades"
 Autoras: Texto: Neus Moscada / Ilustracións: Chiara Fatti  
Editorial: OQO
Prezo: 12,50 €



Neus Moscada e Chiara Fatti móstrannos como a soidade se transforma en soño, en cor, en diálogo coa natureza… Nesta orixinal proposta plástica, a ilustradora sorpréndennos cunha inversión de fondo/figura, na que os primeiros planos aparecen en branco e negro e a cor se reserva para os fondos. En resumo, un conto inzado de metáforas e sinestesias, tanto no texto como nas imaxes, coas que profundaremos nos sentimentos e nas sensacións. Para un público sen idade.
Imaxes de "Soidade" 






"A mansión dos murmurios"
Autores: David Muñoz, Tirso Cons e Javi Montes
Editorial: "El patito editorial"
Prezo: 16€



A Mansión dos Murmurios presenta nesta primeira entrega o arranque dun guión que mezcla fantasía e retazos de realidade: transformacións monstruosas da condición humá, mansión recóndita e misteriosa, experimentos nazis, pasadizos segredos, guerra... unha intriga que ten a súa orixe nun pasado remoto e que avanza nunha atmósfera pechada e inquietante. Un grafismo tenebroso e ao mesmo tempo dinámico no que o xogo de luces e sombras e a elección de cores sombrios adáptanse aos requisitos da historia. 

Imaxes de " A mansión dos murmurios"