jueves, 10 de marzo de 2011

Manga Kamishibai: the art of japanese paper theater


Manga Kamishibai: The Art of Japanese Paper Theater
Autor: Eric P. Nash
Editorial: Abrams Books
Idioma: inglés
Prezo: 30€

Neste libro de impecable edición podemos atopar como o autor traza a historia do nacemento, desenrolo e caída do Kamishibai, unha forma de contar historias que foi tremendamente popular en Xapón e que agora desapareceu case por completo de non ser por un pequeno grupo de persoas que intentan recuperalo.

O Kamishibai é un microcosmos da historia nipona do século XX. O libro non só é a historia dun medio perdido, é unha ollada na mentalidade cultural dun pobo que experimenta a depresión mundial da década de 1930, a expansión imperialista na II Guerra Mundial, a aplastante derrota e a ocupación estadounidense.

Tal e coma se describe en Manga Kamishibai, o Kamishinai, e unha arte visual que combina narrativa co sucesos do cidadán de a pé e do que sucedía nas rúas da época. Unha historia ilustrada en varias cartulinas con debuxos (cada un, era un pouco máis grande o tamaño dunha dobre páxina dun manga). Un home conta a historia ou o conto a medida que extraía os cartaces para descubrir a seguinte páxina da historia.

Estes grandes narradores itinerates viaxaban de pobo en pobo cos seus “butais” (soportes de madeira onde se colocaban as cartulinas cos debuxos) e unha ampla selección de de doces para vender aos nenos e adultos (algo non moi diferente ao que pasa nos cines modernos).

As historias que se contaban nestas sesión de Kamishibai ían dende aventuras de samurais, oas westerns, contos populares, ciencia ficción e fantasía, a II Guerra Mundial. O certo é que foi un dos poucos medios difusores de transmisión de noticias á poboación.

Eric P. Nash, demostra as súas grandes dotes  coma historiador e crítico de arte e logra conectar a súa historia coas artes populares e as tradicións de todo o mundo. Para el o Kamishibai é un medio narrativo moi poderoso que fai engrandecer os vínculos que existen entre os roios e gravaods en madeira co manga e anime modernos.

En definitiva, un libro que ademáis de ser imprescindible para comprender o por que do manga e anime contemporáneos, incorpora en todo momentos imaxes que ilustraban aqueles contos e historias que os xaponeses da época que os espectadores máis novos e os que non o eran tanto admiraban e disfrutaban cos ollos abertos coma pratos.










miércoles, 9 de marzo de 2011

Proxección de curtas




A Libraría Endo (A Coruña- R/Entrepeñas, 41 Baixo) volta este sábado día 12 de Marzo cunha nova actividade. Esta actividade será a proxección de dúas curtametraxes.

Estas dúas curtas serán presentadas por Sergio Pena e  Alfredo Pardo de Chantada Films, este sábado día 12 de Marzo ás 18:00h da tarde. "Amor ansioso" e "Garabolis" son os nomes destes dos traballos.
Por unha banda temos “Amor ansioso” dirixido e guionizado por  Sergio Pena. 

A curta conta a historia de Iván, un mozo de familia de ben traballa nunha oficina, posto que consegue coa mediación do seu acaudalado pai, empeñado en facer del un home de proveito. A separación dos seus pais aféctalle ata o punto de padecer unha terrible ansiedade, que trata con medicación.

A segunda curta chámase “Garabolis” e está dirixida por Alfredo Pardo Hermida e guionizada por Manuel Guisande. Algúns dos actores que aparecen nesta cinta son Carlos Blanco e Mela Casal.

A historia conta coma Garabolis non só é unha rúa, é un rapaz que soña con ser un atouciñado terratenente. Na Chantada dos anos 40, onde pordioseiros, busconas, vividores, gardas e labregos, conviven nesta xungla rural; a picaresca e as aspiracións de Garabolis agudízase polas labirínticas rúas da Vila.


Cartaces das curtametraxes










The art of Osamu Tezuka: God of Manga


The art of Osamu Tezuka
Autora: Hellen MacCarthy
Idioma: inglés
Editorial: Ilex
Prezo: 35€



Hellen MacCarthy presenta este monográfico sobre o mangaka Osamu Tezuka, tamén coñecido como o “Deus do Manga”. Nel podemos descubrir as facetas menos coñecidas deste autor de referencia entre os aficionados ao manga e debuxante de comic xaponés, tamén para calquer afionado ao comic en xeral.

“The art of Osamu Tezuka: God of Manga” é a primeira biografía autorizada de Tezuka, na que se fala do seu traballo, a súa vida através de textos e  300 imaxes que nunca antes se viran fora de Xapón. É unha homenaxe á obra deste artista, animador, escritor, empresario, viaxeiro, cunha mente preclara e adiantada ao seu tempo.

O creador de Astroboy, Kimba, Metropolis, foi decisivo para o desenrolo da industria do manga e a animación que tan importante é hoxe en día no Xapón.
Sen dúbida alguna este espectacular libro mostranos todo aquilo que nunca soubemos de Tezuka, as súa manias, o asúa maneira traballar, os seu fracasos e os seus éxitos. A súa implicación en  revistas manga como  COM. 

A súa creatividade esta fora de toda dúbida e iso reflíctise de maneira especial nesta publicación de tapa dura en relieve e que inclúe un DVD no cal podemos atopar dous documentales excepcionales que tratan o proceso creativo de dous dos mangas máis importantes na carreira de Osamu Tezuka: Astroboy e Buddha.
Un fantástico libro que abre as portas e os ollos a moitos aficionados a coñecer a figura dun mangaka que fixo historia e que é unha lenda para todos os que aman e gustan da cultura manga.










lunes, 7 de marzo de 2011

Crónica: Concurso Cosplay Entroido 2011



O pasado sábado día 5 celebrouse na Libraría Endo o I Concurso Cosplay organizado pola libraría e na que colaboraron dúas asociación amigas coma son Movemento Xove e Posición B. A Asociación Movemento Xove con Luna, Lucía e Pata coma xurado do concurso e Mestres de ceremonia; e Posición B, que aportaron un gran premio para cada un dos tres gañadores do concurso: unha sesión de fotos profesionais no estudo fotográfico súa sede.
 
Déronse cita moitos e moi bos cosplay coma Dr. Mundo, Teemo, Karma, Hope Stay, Naruto, Simon, Hirata ou Itachi.

Todos eles deron colorido e o toque máis festivo a Libraría Endo este Entroido 2011. Unha tarde moi divertida na que as poses e os disfraces foron os verdadeiros protagonistas.
A tarefa do xurado foi difícil máis ao final decidiron que os tres gañasdores fosen:

1º Posto e gañador: Raquel, co cosplay de Itachi. Os seus premios foron:
Sesión fotográfica en estudio da asociación fotográfica coruñesa Posición B + Cosmode Nº38 (último número que acaba de sair en Xapón desta revista de cosplay) e Tezuka (Memoria y honor) escrito por Alfons Moliné e editado pola editorial Sins entido.

2º Posto: Daniel Diz co cosplay de Dr. Mundo. Os seus premios foron:
Sesión fotográfica en estudio da asociación fotográfica coruñesa Posición B + CLAMP: Mokona´s OKIMONO KIMONO (libro no cal o grupo CLAMP ensina os deseños reais dos kimonos que aparecen nos seus mangas pero feitos coas súas propias mans)

3º Posto: David Carballo co cosplay de Hope Stay. O seu premio foi:
Sesión fotográfica en estudio da asociación fotográfica coruñesa Posición B

A Libraría Endo porase en contacto cos gañadores para comunicarles o día e ahora na que se realizará a sesión fotográfica en Posición B

Moitas grazas a todos, asistentes, asociación colaboradoras, e por suposto aos participantes, xa que sen vos, non houbera sido este Concurso Cosplay.


Fotos do Concurso Cosplay













Dani Montero e "Sen mirar atrás"



O Venres 4 pola noite, a Libraría Endo foi testigo dunha nova inauguración dunha exposición de banda deseñada. Nesta ocasión o autor foi Dani montero que presentaba os orixinais a súa obra “Sen mirar atrás”, gañadora do Premio Castelao 2009 de Banda Deseñada.
Foi unha velada divertida na que ademáis de desfrutar coas láminas que Dani expón, os asistentes marcharon os máis deles cun exemplar de “Sen mirar atrás” firmado polo propio autor.

Moitas grazas a Dani Montero, a Manel Cráneo e Demo Editorial e por suposto a todos os que asitiron a esta noite tan especial para libraría.

A exposición estrá nas paredes da Libraría Endo, ata o próximo 1 de Abril.


Déixovos unha serie de fotografías ilustrativas da inauguración.