jueves, 9 de junio de 2011

Obluda un conto de Emil Sebe


Obluda, un conto de Emil Sebe
Autor: Naoki Urasawa
Editorial: Big Comic Special
Idioma: xaponés
Prezo: 22€

Directamente de Xapón chéganos á Libraría Endo este conto que Naoki Urasawa debuxou e escribiu para o seu exitoso manga Monster. Un conto que é dalgunha maneira o desencadeante de moitos dos acontecementos e feitos deste manga. Non deixa de ser tamén unha forma de comprender a determinados personaxes deste comic xaponés.
Obluda e un conto escrito por Emil Sebe, personaxe do manga Monster. Neste conto Un monstro anda á procura dun nome. Este conto non é máis que a búsqueda  da identidade  e o sentido da vida, coma un mosntro que  despois de percorrer a metade do mundo decidiu que este non era importante,  que o que realmente importa é a felicidade.  Un segundo monstro, un desdoblamento do primeiro,  nunca está satisfeito a pesar de devorar a persoas para acadar ese ansiado nome. Hereda as identidadeS doutros e nunca sacia ese apetito  de ser el mesmo. Un metáfora dese monstro que todos levamos dentro.  As dudas que todos temos nalgún momento da vida e as obsesións que o queiramos ou non arrastramos ao longo da nosa vida.

Obluda non é máis que unha historia paralela que conta de modo intrigante a vida de Johann.

No libro tamén podemos atopar outras dúas historias: Velkoky Velkousty, de Jakub Faroubek e Buh Míru, de Klaus Pope, así coma o Schetch Collection de Helmuth Voss. Todos os utores e contos foron creados por Naoki Urasawa expresamente para a historia de Monster.
En definitiva, un edición de luxo para fans incondionales de Naoki Urasawa. A pesar de estar en xaponés, merece a pena telo na estantería xa que é o recopilatoroio destes contos e ademáis inclúe bocetos dos diferentes personaxes do manga.











miércoles, 8 de junio de 2011

Metamorfose en 2D: unha exposición de Sito López



A libraría Endo (R/Entrepeñas 41 Baixo) estrea unha vez máis unha nova exposición. Nesta ocasión todos aqueles que se acheguen tanto a inauguración, que terá lugar este venres día 10 de Xuño ÁS 20:00h da tarde, coma os que se pasen pola libraría ata o día 8 de Xullo poderán disfrutar da obra de Sito López, fotógrafo e diseñador grafico, que utilizou coma modelo a Erika Seven, unha coñecida cosplayer galega, para acadar un resultado sorprendente no que a fotografía e a a ilustración se entremezclan.

Tal e coma indicfa a propia Erika sobre o traballo de Sito López, esta exposición leva o nome de "Metamorfose em 2D". e como o propio título indica, a exhibición mostra a transfiguración do corpo dunha persoal real a un soporte en 2D como é, neste caso, o tema anime, videoxogos, fan art, ilustracións de temática xaponesa... grazas á fotografia e o photoshop."

A si que xa sabedes, se sodes aficionados ao anime ou aos videxogos, a téma´tica xaponesa... non vos podedes perder esta inauguración, na que estáran Sito Lopez, Erika Seven falando sobre o proceso creativo e a súa experancia con este traballo. Non faltarán un pinchos e unhas bebida para saciar un pouco a fame e a sede.



Loliday: crónica




O pasado sábado foi un deses días que merece a pena vivir como libreiro e coma aamante da cultura que nos chega dende Xapón: manga, anime, ilustración... e tamén a moda. Neste caso a moda Lolita. 

Celebrouse o "Día Internacional do Lolita" ou "Loliday" en Endo e a súa celebración non podía ser máis que un éxito. Endo vestiuse de gala lolita e das súas paredes e teito colgaban preciosos vestidos desta moda que ainda está a coñecerse en España e Galicia. O ambiente creado por "Lolita en Nuncaxamais" para a ocasión fixo que a xente entrase e preguntase sobre o Lolita. 

O asombro dos veciños e da xente ao ver unha marea de vestidos fixo que ao longop da mañá moitos quixeran facerse algunha foto coas protagonitas das actividaedes programadas para este día tan especial. Incluso xaponeses residentes na cidade achegáronse e quixeron levar para casa como recordo unha instantánea do "Loliday".

A tarde prometía unha boa afluencia de xente xa que "Lolitas en Nuncaxamais" darían unha charla e e proxectarían a película "Kamikaze Girls".
Unha charla que nun principio duraría 20 minutos, converteuse nun bonito debate de máis de case 1 hora sobre a moda lolita entre as responsables da charla e a xente que se achegou para escoitalas. A través de imaxes os interesados no tema poideron descubrir unha moda descoñecida para eles. 

A continuación a proyección da película e aplausos as rapazas de Lolita en Nuncaxamais por un día tan especial para o movemento lolita e para elas.

Grazas de novo rapazas.




Fotos do Loliday