miércoles, 16 de marzo de 2011

Os contos da avoa: "A que sabe a lúa?"



O Venres día 18 de Marzo ás 18:30 da tarde volven as actividades para nenos e fon como non podía ser de outra maneira, cos "Contos da avoa". 
Coma sempre será na Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41 Baixo).

Nesta ocasión o conto que a avoa elexiu é: "A que sabe a lúa?".
Este venres as sopresas e a diversión chegan a Libraría Endo para que os máis pequenos pasen unha tarde diferente che ade cor e diversión.

A que sabe a lúa ? e un conto no cal os nenos poden aprender a cooperar e traballar en equipo, pero tamén como a lúa durante a noite cambia e se move.


"cambRED 2011" e "II Xornadas Gygax"





A Libraría Endo cominica que os días 18, 19 e 20 de Marzo patrocinará na cambRED2011 o Tornedo de "Zombies".
A cambRED e una convención tecnolóxica que dura tres días e nas cales se poden participar en diversas actividades relacionadas coa informática e nas que ademáis se pode disfrutar das últimas novedades do ocio dixital.  A organización desta concentración corre a cargo da Concellería de Xuventude del Ayuntamiento de Cambre e das Asociacións Xuvenies GXiC, Axoi, Herba Seca y Movenento Xove.
Dende aquí desexámoslles a todos os que facedes posible a cambRED 2011, que a edición deste ano sexa de novo un éxito!!!


 
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------
 
O 26 de Marzo a Libraría Endo colabora e patrocina as "II Jornadas Gygax", que se celebran no Forum Metropolitano, dentro de "Noitenova". As Xornadas están organizadas polos amigos da Asociación Draco. Dende aquí desexamos que estas Xornadas sexan un éxito!!
Para máis información só tedes que entrar na súa páxina web.
 Asociación Draco - II Xornadas Gygax
 

martes, 15 de marzo de 2011

As recomendacións do día


A grande viaxe
Autores: Anna Castagnoli e Gabriel Pacheco
Editorial: OQO
Prezo: 13,50€
Dispoñible en galego e castelán

Algún día, quizais dentro de pouco, construirei un barco moi grande; que flote como os barcos e tamén voe como os avións, aínda que non sexa máis que un barco; que se desprace sobre a terra e baixo a auga, como se dun barco rodante se tratase, ou dunha nave submarina…
Un neno imaxina unha grande viaxe chea de prodixios. Sucará o mundo, atravesará países en guerra, rescatará animais en situación de perigo… para, finalmente, regresar convertido nun heroe.










Una  niña
Autores: Grassa Toro e Pep Carrió
Editorial: Sins entido
Prezo: 15€

Unha botella dentro do mar. Dentro da botella, unha nena. Unha nena pechada e que coñece a lingua dos peixes. Unha nena que vai á deriva nunha botella de cristal. Quén  a regollerá cando embarranque na praia?