Mostrando entradas con la etiqueta lolita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lolita. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de junio de 2011

Loliday: crónica




O pasado sábado foi un deses días que merece a pena vivir como libreiro e coma aamante da cultura que nos chega dende Xapón: manga, anime, ilustración... e tamén a moda. Neste caso a moda Lolita. 

Celebrouse o "Día Internacional do Lolita" ou "Loliday" en Endo e a súa celebración non podía ser máis que un éxito. Endo vestiuse de gala lolita e das súas paredes e teito colgaban preciosos vestidos desta moda que ainda está a coñecerse en España e Galicia. O ambiente creado por "Lolita en Nuncaxamais" para a ocasión fixo que a xente entrase e preguntase sobre o Lolita. 

O asombro dos veciños e da xente ao ver unha marea de vestidos fixo que ao longop da mañá moitos quixeran facerse algunha foto coas protagonitas das actividaedes programadas para este día tan especial. Incluso xaponeses residentes na cidade achegáronse e quixeron levar para casa como recordo unha instantánea do "Loliday".

A tarde prometía unha boa afluencia de xente xa que "Lolitas en Nuncaxamais" darían unha charla e e proxectarían a película "Kamikaze Girls".
Unha charla que nun principio duraría 20 minutos, converteuse nun bonito debate de máis de case 1 hora sobre a moda lolita entre as responsables da charla e a xente que se achegou para escoitalas. A través de imaxes os interesados no tema poideron descubrir unha moda descoñecida para eles. 

A continuación a proyección da película e aplausos as rapazas de Lolita en Nuncaxamais por un día tan especial para o movemento lolita e para elas.

Grazas de novo rapazas.




Fotos do Loliday  







  





martes, 31 de mayo de 2011

Loliday: Día internacional do Lolita





O próximo sábado 4 de Xuño celébrase en todo o mundo o “Día Internacional do Lolita”, por ese motivo a Libraría Endo quere sumarse a este día festivo e tan importante para todos aqueles que seguen unha moda que cada vez gaña máis adeptos ao longo e ancho do mundo, e como non tamén aquí en Galicia.

Pouco a pouco na nosa comunidade comezan a xurdir movementos organizados nos que os seus integrantes, o que desexan é dar a coñecer unha cultura,  un modo de ser e unha estética que chega directamente de Xapón. Ese é o caso de “Lolita en Nuncaxamais” colectivo de rapazas de todos os recunchos de Galicia ( Coruña, Vigo, Santiago, Ourense…) Xustamente elas, boas coñecedoras desta fascinante cultura serán as encargadas de ensinar e dar a coñecer o “Movemento Lolita” este sábado 4  na Libraría Endo a partir das 11:00h da mañá e ao longo de todo o día a ta ás 20:00 da tarde.



Deste xeito realizaranse diferentes actividades relacionadas co mundo Lolita. Entre outras actividades haberá tempo para disfrutar de conferencias, proxeccións, exposición de vestido e complementos. Todos aqueles que se acheguen a Libraría Endo poderán adquirir productos feitos a man polas integrantes de “Lolita en Nuncaxamais” así coma revistas e libros de importación relacionados co mundo Lolita.





Qué e o movemento Lolita?
 

O Lolita é unha moda xaponesa que data dos anos 70. Está inspirada principalmente na estética europea dos séculos XVIII e XIX (máis concretamente no Rococó francés e na Era Victoriana inglesa). Ademais, o Lolita ten outras influencias como o mundo infantil, o gótico, o punk, etc.
A moda Lolita caracterízase por faldas longas e con moito vóo, puntilla, lazos, tocados e peinados complexos, calcetíns altos...





Quén son “Lolita en Nucaxamáis”?

“Lolita en Nuncaxamais” é un foro de Internet no que pouco a pouco vanse reunindo lolitas de todas partes de Galicia e arredores (como Portugal ou Burgos). A nivel interno, o foro e un lugar no que pode atoparse moita información sobre o estilo, así como debates sobre o Lolita ou as última novedades. A nivel externo, “Lolita en Nuncaxamais” organiza eventos para a promoción do estilo.



Lolita en Nuncaxamais