Mostrando entradas con la etiqueta Yoshitomo Nara. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Yoshitomo Nara. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de mayo de 2011

Matchibako e Nara


Matchibako
Autora: Maggie Kinser Hohle
Editorial: Mark Batty Publisher
Idioma: Inglés
Prezo: 15€


Matchibako: Japanese Matchbox Art of 20´s and 30´s móstranos a rápida transformación de Xapón nun imperio industrial no século XX tal e como Se mostra nos anuncios  das caixas de mistos da época.  Ás caixas de mistos uníronse as de tabaco e nos hoteis de estilo occidental ou nos bares de shushi era habitual ver deseños nos que occidentais visten kimonos, xente debatindo a última película dos Mrax. Aparecía o novo grafismo xaponés.

Ainda que a maioría dos deseños se fixeron de forma anónima, estas diminutas obras de arte mostran o resultado da influenza do cubismo e de Bauhaus. Este pequeño libro é unha deliciosa colección de imaxes que Xapón legou xa fai moitas décadas.











Oh! my God, I miss you
Autor: Yoshitomo Nara
Editorial: Chronicle Books
Prezo: 10€

 
Unha abraiante colección de 30 postais, para disfrutar e paladear. Unha bonita recopilación dalgúns dos traballos de Nara que non deixará indiferente a ninguén. Ben sexa amante do estilo de Nara, da pintura, ou simplemente quere unas preciosas postais dun estilo inconfundible, terá un tesouro tanto para gardar coma se que quere regalar esta obra a un parente, amigo…









jueves, 13 de enero de 2011

As recomendacións do día

Hoxe recomendamos...


Yoshitomo Nara+GRAF  “Torre Málaga”
Autores: Yoshitomo Nara+GRAF
Editado por CAC Málaga (Centro de Arte Contemporáneo de Málaga) e Ayuntamiento de Málaga.
Prezo: 19,90€


O CAC Málaga , entidade cultural do Concello de Málaga, presenta o catálogo da primeira exposición en España do prestixioso artista xaponés Yoshitomo Nara xunto con GRAF.
Para esta ocasión o artista e o equipo creativo deseñaron específicamente  para o CAC Málaga, unha instalación que mostra as obras do artista nunha caseta de debuxos. A exposión titulada “Torre de Málaga” contou coa colaboración da Galerie Zink München de Berlín.

A  instalación que se puido ver na exposición consistía nunha torre frabricada con madeiras reutilizadas inspiradas no propio Centro de Arte Contemporaneo de Málaga, antigo mercado de maioristas. Na base da mesma atopábase unha caseta de debuxos que recollía obras de Nara. Nestas estructuras estaban colocadas, ademáis 63 debuxos, 2 pinturas e 3 esculturas. Todas elas obras realizadas no 2007 excepto as esculturas que son do ano 2005.
As obras de Nara fundíanse coas instalación de GRAF conformando un todo, unha soa peza. Estas soían representar barracas ou casas de madeira, que con acabados imperfectos, daban un aspecto entre provisional e desvalido.

Imaxes