Mostrando entradas con la etiqueta os contos da avoa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta os contos da avoa. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de julio de 2011

A vella Lulula nos "Contos da avoa"



Mañá martes na Libraría Endo (R/Entrepeñas 41- zona Rúa Barcelona-) os nenos e nenas teñen unha nova cita coa avoa Endo a partir das 19:00 da tarde. Nesta ocasión “Os contos da avoa” están adicados a un conto moi especial: “La vieja Lulula” editado pola editorial OQO e que pOr suposto poderedes atopar nas estanterías de Endo.


“La vieja Lulula” conta a historia de como Lulula decide facer a súa colada diaria e colgae a secar a súa roupa no patio, a pesares do augurio de treboada.

Voces misteriosas saen do seu xardín e case con seguridade proceden do cereixo, o patinete, o azadón, o pozo, o balancín e incluso do seu can e seu loro. Que serán esas estranas voces que a intentan disuadir?  Só tedes que escoitar moi atentamente para descubrilo, e para iso tedes que escoitalo da voz da avoa Endo.




jueves, 16 de junio de 2011

Os contos da avoa: os nenos, os monstros e os debuxos


Como xa sabedes o pasado martes, na Libraría Endo déronse cita os nenos e nenas no contacontos da avoa Endo, dentro do ciclo "Os contos da avoa". O conto en cuestión non era otro que "A visita dos domingos".


Todos os nenos que á libraría se achegaron puideron disfrutar dunha tarde divertida chea de color, monstros e moita risa. Ademáis do "monstroso conto" tamén fixeron a súa propia interpretación dun mosntro e así deixaron voar a súa imaxinación e plasmaron en papel maravillosos debuxos que a continuación poñemos para que vexades o seus traballos.


TODOS OS DEBUXOS E FOTOGRAFÍAS QUE NESTE BLOG APARECEN, EXPÓÑENSE BAIXO O CONSENTIMENTO DOS PAIS/NAIS OU TITORES DOS NENOS.












FOTOS





lunes, 13 de junio de 2011

Os contos da avoa: a visita dos domingos


Este martes ás 19:00h da tarde os nenos e nenas teñen unha nova cita cos contos da avoa na Libraría Endo (R/Entrepeñas, 41 Baixo) Nesta ocasión a historia qua a avoa Endo contará chámase: "A visita dos domingos" Un conto editado pola Editorial OQO.

Este conto ensalza a importancia da implicación dos pais para potenciar e alimentar a imaxinación dos nenos, tan necesaria para a creatividade tanto de pequenos como de adultos.
“O xogo entre pais e fillos, a través da ficción e da fantasía, é moi importante”, argumenta Gubellini que cre “fundamental” alimentar a imaxinación dos pequenos como unha forma eficaz de que “nunca estean sos”. Ademais, a entrega total e cooperación dos adultos neste tipo de xogos afianza que crezan sentíndose “amados e protexidos”.

A particularidade de que este monstro que visita cada domingo ao noso protagonista inspire simpatía, complicidade e afecto, converte a esta historia nun bo instrumento para axudar a superar os medos infantís.

O desenlace de A visita dos domingos corrobora a advertencia de que as aparencias enganan e de que, aínda que a imaxinación debe estar presente en todas as facetas cotiás dun neno, tamén o retorno ás normas faise indispensable na convivencia en familia.



martes, 22 de marzo de 2011

Calendario de actividades do mes de Abril



A Libraría Endo segue co seu calendario de actividades e o més de Abril chega repleto de moitas e diferentes actividades para tod@s.



Para rematar o mes de Marzo, o día 31 deste mes os amantes do manga e o anime, teñen unha cita co manga e o anime experimental e cyberpunk. Poderán disfrutar dunha charla sobre este tipo de manga e animación,e da proxección do anime Haibane Renmei. Todo esto a partir das 19:30 da tarde.



Abril



O venres día 1 de abril: os máis pequenos teñen unha cita cun novo amigo da Libraría Endo: “Matendo”. Con él os nenos poderán acehegarse a “As aventuras de Matendo”. A súa primeira aventura será: “Matendo e os número”.
                                       




O venres día 8 de abril: inauguración da nova exposión na Libraría Endo. Esta cuarta exposión que se colga nas paredes da libraría corre a cargo de Sergio Covelo. Sergio Covelo e un debuxante galego de banda deseñada. Algún dos seus traballos son: “Código Cero”, "H2Oil" e "Barsowia en Llamas" (Dolmen, 2006),  á novela gráfica "Capital" (Edicions de Ponent, 2006) e "Asasinos" (2007). Nesta exposición poderanse ver diversos orixinais do autor.





O xoves 28 de abril: terá lugar unha charla sobre a publicidade xaponesa nos medios impresos dos anos 50.  Unha ollada a autores e publicacións máis relevantes coma a Revista Garo, da que sairon grandes mangakas que deron o empurrón a un estilo e unha forma de facer publicidade en Xapón.





O venres 29 de abril: os nenos teñen unha nova cita cos “Contos da avoa”. Conto ainda por confirmar.










miércoles, 16 de marzo de 2011

Os contos da avoa: "A que sabe a lúa?"



O Venres día 18 de Marzo ás 18:30 da tarde volven as actividades para nenos e fon como non podía ser de outra maneira, cos "Contos da avoa". 
Coma sempre será na Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41 Baixo).

Nesta ocasión o conto que a avoa elexiu é: "A que sabe a lúa?".
Este venres as sopresas e a diversión chegan a Libraría Endo para que os máis pequenos pasen unha tarde diferente che ade cor e diversión.

A que sabe a lúa ? e un conto no cal os nenos poden aprender a cooperar e traballar en equipo, pero tamén como a lúa durante a noite cambia e se move.


sábado, 26 de febrero de 2011

Os contos da avoa: "Grisela"



Hoxe na Libraría Endo fíxose o primeiro contacontos, co conto "Grisela" editado por Kalandraka. Os rapaces que asistiron disfrutaron coma nenos e aprenderon escoitando todo aquilo que a "Avoa" lles contaba a través de debuxos. 
Non quedou ahí a cousa e unha vez rematou o contacontos puidreon debuxar á personaxe de "Grisela" e reinterpretala.
Pronto teremos máis actividades para os máis pequenos. En pouco tempo poremos datas e as actividades que se farán. 
Ata entón, que lede moito.



Fotos dos "Contos da avoa"
(Todas as fotografías nas que aparecen retratados nenos expónse neste blog baixo o consentemento dos país, nais e tutores correspondentes dos propios nenos)













martes, 22 de febrero de 2011

Os contos da avoa






Este sábado día 26 de Febreiro ás 11:30 da mañá terá lugar la Libraría Endo, a primeira actividade adicada a nenos e nenas. Esta actividade leva por nome: “Os contos da avoa”. Nela, unha avoa fará de contacontontos e ensinará aos rapaces e rapazas unha maneira moi divertida de aprender lendo e escoitando contos.
O primeiro conto que a avoa lles descubrirá aos máis pequenos será “Grisela”. Esta historia editada por Kalandraka ensinaralles que se pode ser moi feliz aceptándose tal e coma un é. Iso e o que lle pasa a Grisela a ratiña protagonista do conto.
Rematarase este primeiro contacontos cunha canción sorpresa dun libro especial.
Invitamos aos nenos e nenas a vir, para pasar un rato divertido e coñecer a Libraría Endo.