Mostrando entradas con la etiqueta osamu tezuka. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta osamu tezuka. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de marzo de 2011

The art of Osamu Tezuka: God of Manga


The art of Osamu Tezuka
Autora: Hellen MacCarthy
Idioma: inglés
Editorial: Ilex
Prezo: 35€



Hellen MacCarthy presenta este monográfico sobre o mangaka Osamu Tezuka, tamén coñecido como o “Deus do Manga”. Nel podemos descubrir as facetas menos coñecidas deste autor de referencia entre os aficionados ao manga e debuxante de comic xaponés, tamén para calquer afionado ao comic en xeral.

“The art of Osamu Tezuka: God of Manga” é a primeira biografía autorizada de Tezuka, na que se fala do seu traballo, a súa vida através de textos e  300 imaxes que nunca antes se viran fora de Xapón. É unha homenaxe á obra deste artista, animador, escritor, empresario, viaxeiro, cunha mente preclara e adiantada ao seu tempo.

O creador de Astroboy, Kimba, Metropolis, foi decisivo para o desenrolo da industria do manga e a animación que tan importante é hoxe en día no Xapón.
Sen dúbida alguna este espectacular libro mostranos todo aquilo que nunca soubemos de Tezuka, as súa manias, o asúa maneira traballar, os seu fracasos e os seus éxitos. A súa implicación en  revistas manga como  COM. 

A súa creatividade esta fora de toda dúbida e iso reflíctise de maneira especial nesta publicación de tapa dura en relieve e que inclúe un DVD no cal podemos atopar dous documentales excepcionales que tratan o proceso creativo de dous dos mangas máis importantes na carreira de Osamu Tezuka: Astroboy e Buddha.
Un fantástico libro que abre as portas e os ollos a moitos aficionados a coñecer a figura dun mangaka que fixo historia e que é unha lenda para todos os que aman e gustan da cultura manga.










lunes, 17 de enero de 2011

As recomendacións do día

Hoxe recomendamos...

Next World é outro dos grandes pasos que levaron a Osamu Tezuka  ao máis alto do Olimpo do manga. Creada polo mestre nos comezos da súa carreira, é considerada unha obra magna do manga de ciencia ficción.

Os repetidos experimentos nucleares provocan unha alteración na fauna terrestre. ¿Quén son eses estranos seres chamados fumuun que apareceron de súpeto? ¡A disputa entre país de Star e a Federación de Urán desemboca en guerra! ¿Será destruido o planeta por culpa das bombas atómicas?


 Next World
Autor: Osamu Tezuka
Editorial: Glénat
Prezo: 12€


En Abril de 2006 atopeime cunha reportaxe rodado en Beirut en 1984. Os periodistas  entrevistaban aos habitantes dunha rúa preto da liña de demarcación que dividía a cidade en dúas partes. Unha muller, bloqueada polos bombardeos na entreda da súa casa, dixo unha frase que me transformou:
“Eu díría que, polo menos, aquí estamos probablemente máis ou menos a salvo”
Aquela muller era a miña avoa.


 El juego de las golondrinas
Autora: Zeina Abirached
Editorial: Sins entido
Prezo: 19€