Onte celebrouse na Libraría Endo a inauguración da exposición de caricaturas e ilustracións do ilustrador Rubén Mariño Lamas.
Os asistentes puideron ver e apreciar unha colección de caricaturas de cantantes de rock, pero tamén unha ampla selección de ilustracións homenaxe a Star Wars, Astroboy, Samurai Jack, Dragon Ball...
Sen dúbida unha exposición chea de color que dará moito que falar durante o mes que esterá na libraría.
Esta foi unha inauguración especial xa que o grupo "Los Triguis" deron un concerto no que desplegaron todo o seu bo facer interpretando versións dos anos oitenta. Un concerto que os asistentes disfrutaron e do cal dende aquí esperamos que se volva a repetir. Moitas a grazas polo concerto. Moitas frazas a todos os que vos achgástedes onte a inauguración e ao concerto.
