Libros de importación



Libros de importación: Entrega II
 
 
   
FLCL Design Works: art and text Fuliculism
Idioma: xaponés
Prezo: 40€

Un asombroso artbook da serie de animación de culto FLCL (Fuli Culi) do prestixioso Estudio Gainax. Neste libro de ilustracións non só se atopan algunas das grandes imaxes deste anime xaponés, tamén  fotografías e textos nos que se explica detalles curiosos dun anime que xa forma parte da elite do anime.
 












 
Vocaloid: art & comic
Idioma: xaponés
Prezo:35€

Vocaloid e Miku debuxados por diferentes artistas mangakas e animadores xaponeses. Un impresionante documento gráfico para entender o fenómeno mundial que é Vocaloid e os seus personaxes. Imprescindible para os  seus fans.










Code Geass: Illustrations Rebels
Idioma: xaponés
Prezo:35€

Artbook da famosa serie Code Geass. Nel pódense ver moitas imaxes deste anime que tanto éxito leva cosechado durante dous anos polo diferente dao seu argumento e o debuxo tan caraterístico que levan a cabo as debuxante do grupo CLAMP. No seu interior tamén se poden ver bocetos orixinais a toda cor.











Takashi Murakami: Summon monters?
Idioma: ingles e xaponés
Prezo: 55€

Catálogo do famoso artista pop xaponés, Takashi Murakami. Este libro dividido no seu interior en varias partes ou sección, fai un percorrido exhaustivo, da traxectoria profesional do ecléptico artista nipón. Bocetos, debuxos en arte final, fotografías das súas obras escultóricas e das exposións que realizou nos máis prestixiosos museos de arte conteporáneo do mundo. Entrevistas ao autor e sobre todo explicacións dos procesos creativos.













Libros de importación: Entrega I



Yokai Attack. The Japanese Monster survival Guide
Autores: Hiroko Yoda y Matt Alt
Idioma: inglés
Prezo: 10€

Como adianto póñovos Yokai Attack, unha orixinal guía de supervivencia ante os ataques de monstros xaponeses: kappa, kara-kasa, zashiki warashi e moitos moitos máis.






Okimono Kimono
Autoras: CLAMP
Idioma: inglés
Prezo: 12€

Esta publicación está dividida en carias seccións que parten dunha galería de fotos son modelos que visten dieferentes kimonos, acompañados por comentarios e bosquexos de Mokona explicando o porqué da proposta de diseño e os detalles que incluiu neles. Ao mesmo tempo dá unha referencia da fonte de inspiración para o kimono que axuda a orixinar algúns dos traballos de CLAMP, dende X ata Tsubasa.










 
Japanese schoolgirl (Confidential)
Autores: Brian Ashcraft e Shoko Ueda
Idioma: inglés
Prezo: 12€

“Japanese Schoolgirl Confidential” é un libro de lectura obrigada para todos os curiosos con interese polas rapazas na cultura Pop xaponesa. O manga e no anime móstrannos “colexialas”. Sailor Moon, Haruhi Suzumiya, Blood. Existen videoxogos coma Street Fighter. Quientin Tarantino inclue unha coma asesiña na película Kill Bill, e revistas coma WIRED fíxanse nas tendencias que emerxen destas adolescentes.










Drop dead cute
Varios autores
Idioma: inglés
Prezo: 19€

Este artbook, móstrase o traballo de dez mulleres artistas xaponesas. Cada unha coa súa particular visón do mundo pero todas parten da base da cultura pop, que tan popular se fixo en Xapón. Una combinación perfecta entre os estilos de Takashi Murakami e Yoshitomo Nara, pero sen perder a súa identidade coma artistas. Ilustracións íntimas e moi persoais, e algunhas cunha carga de dozura moi alta. Altamente recomendado se estás buscando autores xaponeses diferentes e con personalidade.


The Tokyo look book
Autoras: Philomena Keet e Yuri Manabe
Idioma: inglés
Prezo: 22€

A antropóloga Philomena Keet, analiza a moda e as tribus urbás de Tokyo  con entrevistas e máis de 200 fotografías a cargo de Yuri Manabe.
A autora pretende neste libro “levar ao lector máis alá das capas extrenas da roupa e as mentes dos usuarios”. Nesa búsqueda, temos coma resultado un traballo de investigación no que conflúe a meneira de vestior dos tokyotas por diferentes barrios: Shibuya, Harajuku…
Un libro para os amantes da moda e sobre todo para os amantes das novas tendencias que chegan dende Xapón.










Gothic and lolita
Autor: Masayuki Yoshinaga
Prezo: 29,95€

O libro recolle unha gran colección de fotografías nas que se mostra a realidade dun sector da adolescencia xaponesa que transita polas rúas de Tokyo e Osaka. Rapaces que posaron fronte á cámara deste fotógrafo xaponés. Rretatos de traxes imaxinativos algunhas veces, surrealistas outras tantas, pero sempre sempre sorprendetes, chocantes e hilarantes. Grazas a este libro podemos ver imaxes das tan famosas gothic lolitas e entender este fenómeno dentro damoda, xa que cada foto, incorpora unha pregunta e unha resposta sobre este estilo tan extendido en Xapón.










Face food
Autor: Christopher D. Salyers
Idioma: inglés
Prezo: 11€

Como facer para que os nenos coman de maneira divertida? En Xapón, os pais fan os famosos Bento. Descobre a través de fotos, como os rapaces xaponeses comen  os pratos máis animados e diferentes. Os Bento, son pratos que están elaborados de forma creativa, nos cales  a comida ten forma de caras, de personaxes de debuxos e mangas coma Pikachu, Dopraemon, Slayers… Unha guía para diseñadores e cociñeiros para facer máis amena a hora de comer













  Comikers Art
Aurores: Varios autores/Comikers Magazine
Idioma: inglés
Prezo: 17€

Revista xaponesa sobre o arte de debuxar manga traducida ao inglés. Aprende técnicas de debuxo e de coloreado cos millores ilustradores xaponeses.
Contén entrevistas a mangakas e autores. Neste número podes ler unha mágnífica entrevista de cinco páxinas ao gran mestre mangaka Range Murata.




Gothic lolita punk
Varios autores
Idioma: inglés
Prezo: 20€

Gothic lolita punk é un escaparate da vangarda no que a debuxo de lolita punk se refire e unha valiosa guía de instruccións para os aspirantes a debuxante deste xénero. Cada ilustración inclue unha biografía do artista que a realizou, unha imaxe da súa obra máis  representativa e unha galería pictórica con explicacións detalladas das súas técnicas. Tamén inclúe información sobre os materiais utilizados por cada artista e un glosario de termos para a elaboración  dos realistas personaxes góticos e lolita no manga.







 Japanese tattoo
Autor: Sandy Fellman
Idioma: inglés
Prezo: 21€

Fotografías do Sandy Fellman, a homes xaponeses que teñen a meirande parte do seu corpo tatuado. Alúns con Geishas, otros con mostros tradicionais xaponeses, e incluso flores e estampados preciosistas. Unha impresionante documento gráfico da tatuaxe xaponesa actual.










Let´s draw cute animals
Autor: Sachiko Umoto
Idioma: inglés
Prezo: 17€

Creado por un dos artistas mías populares en Xapón, esta obra ofrece instruccións detalladas e completas para divertise ilustrando personaxes do reino animal. O particular estilo do autor, é simple, atractivo, transmite ledicia, e sobre todo ofrece a artistas e xiareiros ao arte, teñan ou non experiencia debuxando. Pódese ver nas súas páxinas técnicas especiais para facer e debuxar animais cheos de dozura.









Vagabond-Sumi (Artbook)
Autor: Inoue Takehiko
Prezo: 32€

Sumi é o artbook,  do aclamado manga de Inou Takehiko, Vagabond. Nas súas páxinas poderás descubrir  as preciosas ilustracións deste mangaka, que acadou primeiro fama con unha obra deportiva coma Slam Dunk, para máis tarde ser o artífice dun manga adicado a samuarais. O seu estilo realista acada o seu culmen neste libro de ilustracións.