sábado, 15 de enero de 2011

Xormadas de achegamento ao manga e anime





A Libraría Endo (ubicada na Coruña na Rúa Entrepeñas, 41) ten o pracer de invitarvos a partir do próximo Xoves 20 de Xaneiro ás 19:00h a un ciclo de charlas e proxeccións sobre manga e anime que leva por nome “Xornadas de achegamento ao manga e anime”.  Cada quince días poderedes achegarvos a Libraría Endo para escoitar unha pequeña charla sobre un manga e posteriormente ver o primeiro capítulo da súa adaptación ao anime.
Este ciclo de charlas sobre manga e anime non só están destindas aos aficionados ao manga e ao anime, tamén para todos aqueles que sintan curiosidade por coñecer e aprender un pouquiño sobre os comics e a animación feita en Xapón.
Estas “Xornadas de Achegamento ao manga e anime” están organizadas pola Libraría Endo coa colaboración da Asociación Movemento Xove que axuadarán a darnos as claves e as razón polas cales os mangas elixidos para este ciclo teñen tanto éxito non só en Xapón, tamén en España.


O calendario de charlas e proxeccións e o seguinte:

Todas as charlas e proxeccións Terán lugar na Libraría Endo a partir das 19:00h da tarde
(A entrada é de balde )


Xoves 20 de Xaneiro: Cat Shit One e primeiro capítulo do seu anime



Xoves 3 de Febreiro: Nodame Cantabile e primeiro capítulo do seu anime



Xoves 17 de Febreiro: Azumanga Daioh e primeiro capítulo do seu anime


Xoves 3 de Marzo: Tokyo Style e primeiro capítulo do seu anime


Xoves 17 de Marzo: Gege no Kitaro e primeiro capítulo do seu anime

Xoves 31 de Marzo: manganime experimental e cyberpunk e primeiro capítulo do anime Haibane Renmei.





viernes, 14 de enero de 2011

As recomendacións do día

Os tres bandidos
Autor: Tomi Ungerer
Editorial Kalandraka
Prezo: 15,50


Cunha versión fiel á orixinal en alemán publicada nos anos 60, Kalandraka pon en valor esta obra coa que creceron moitas xeracións de nenos, cativados pola historia destes peculiares personaxes, excelentemente caracterizados cos seus orixinais atuendos e o seu atípico instrumental para cometer trasnadas. O relato destaca polo seu carácter descriptivo, pola orde narrativa coa que transcorren as accións, pola sinxeleza coa que Tomi Ungerer guía ao lector páxina a páxina. Á comprensión da historia axudan en gran medida as ilustracións: o contraste das cores, a expresividade en cada escea e o aspecto enigmático que caracteriza aos bandidos son os elementos máis significativos deste conto.





... tamén recomendamos


O Gran Guerriro
Autores: Pello Añorga/Jokin Mitxelena
Editorial: Faktoria K
Prezo: 13


“El Gran Guerrero” (‘Gerlari Handia’, en euskera) é a obra galardoada coa primeira edición do Premio Etxepare de Álbum Ilustrado, para autores de Euskadi. O relato trasládanos a un tempo pasado, no que o valor e aceiro impoñían a súa lei. O autor recréase na descripción da paisaxe, das accións e dos pensamentos do protagonista. Onde o texto se volve máis intenso é na loita que o Gran Guerreiro emprende cuns ser descoñecido que o acecha na escuridade dunha cova; unha criatura que resiste os embates da súa espada, uninimigo misterioso que lle supera e o deixa completamente indefenso, sen arma e sen armadura. 
 
 


jueves, 13 de enero de 2011

As recomendacións do día

Hoxe recomendamos...


Yoshitomo Nara+GRAF  “Torre Málaga”
Autores: Yoshitomo Nara+GRAF
Editado por CAC Málaga (Centro de Arte Contemporáneo de Málaga) e Ayuntamiento de Málaga.
Prezo: 19,90€


O CAC Málaga , entidade cultural do Concello de Málaga, presenta o catálogo da primeira exposición en España do prestixioso artista xaponés Yoshitomo Nara xunto con GRAF.
Para esta ocasión o artista e o equipo creativo deseñaron específicamente  para o CAC Málaga, unha instalación que mostra as obras do artista nunha caseta de debuxos. A exposión titulada “Torre de Málaga” contou coa colaboración da Galerie Zink München de Berlín.

A  instalación que se puido ver na exposición consistía nunha torre frabricada con madeiras reutilizadas inspiradas no propio Centro de Arte Contemporaneo de Málaga, antigo mercado de maioristas. Na base da mesma atopábase unha caseta de debuxos que recollía obras de Nara. Nestas estructuras estaban colocadas, ademáis 63 debuxos, 2 pinturas e 3 esculturas. Todas elas obras realizadas no 2007 excepto as esculturas que son do ano 2005.
As obras de Nara fundíanse coas instalación de GRAF conformando un todo, unha soa peza. Estas soían representar barracas ou casas de madeira, que con acabados imperfectos, daban un aspecto entre provisional e desvalido.

Imaxes






lunes, 10 de enero de 2011

As recomendacións do día

Hoxe recomendamos... 


Hoxe recomendamos catro clásicos da literatura española que foron adaptados ao comic.



Lazarillo de Tormes
Autor: Enrique Lorenzo
Editorial: SM
Prezo: 9,50 €

Egoísmo, falsas aparenzas, sabedoría popular, problemas económicos, sentido del humor. Descubre como o inxeño pode ser a millor arma contra a necesidade. Lazaro de Tormes é chamado pola xustiza para aclarar un asunto. Nas súas explicacións remontase a súa infancia, e ás aventuras  que viviu xunto aos seus tres amos que por distintos motivos o mataban de fame.



Don Juan Tenorio
 Autores: José Zorrilla/  Pérez
Editorial: SM
Prezo: 9,50 €

Don Juan Tenorio, cabaleiro seductor realiza unha aposta con don Luis Mejía e involúcrase de cheo nunha historia se amores imposibles, pantasmas e misterios. Ata onde é lícito o xogo sucio nos asuntos do corazón? Incrible versión do clásico de Zorrilla.
  



El monte de las Ánimas
Autores: Gustavo Adolfo Bécquer/David Rubín
Editorial: SM
Prezo: 9,50 €

Na noite dos defuntos, Alonso narra a súa curmá Beatriz a terrible lenda que pesa sobre o monte das Ánimas. Nembargantes, Beatriz insiste en que o seu curmán se achegue outra vez  ao maléfico lugar para recuperar a banda azul que perdeu na cacería desa mesma mañá.



Amadís de Gaula
Autores: Ricardo Gómez Gil/Emma Ríos
Editorial: SM
Prezo: 9,50 €

O pequeno Amadís é abandoado nunha barca. O destino quererá que o cabaleiro Gandales o atope e o críe coma a un fillo. Protexido pola feiticeira Urganda e seguido polo mago Arcaláus, o cabaleiro Amadís sorteará todo tipo de perigos polo amor á princesa Oriana.
  

PRÓXIMAMENTE TEREMOS...

De Miguel Porto