viernes, 7 de enero de 2011

El pequeño rey de flores



A maxia que contén un libro non é comparable a nada . A primeira vez que un neno abre un conto e a cara que vai poñendo a medida que descubre as páxinas e a historia que nelas se conta e algo que se recorda precisamente como o que é: un mometo máxico.

Algúns libros para nenos son sinxelos, contan una historia e o rapaz vai ledo para a cama. Outros sen embargo teñen a capaciadade de aumentar considerablemente  a capaciade imaxinativa deles. Un deste contos é “El pequeño rey de las flores” de Kveta Pacovka editado en España pola Editorial Kokinos.

Cada libro de Kveta Pacovska e una pequeña obra de arte que os nenos disfrutan case tanto como o disfruta un adulto. As obras deste autor están destinadas aos máis pequenos.
 “El pequeño rey de las flores” está escrito con textos moi curtiños e moi sinxelos e acompañados cunhas ilustracións extraordinarias e que teñen un gran impacto visual polos seus coloridos debuxos.  É un conto que nada máis contemplar a portada ao neno se lle ilumina a cara pola a fantástica elección de poñer unha ventana troquelada para que se vexa ao gran protagonista do conto, o Rei. Cada folla que o pequeno vaia lendo ou ecoitando están troqueladas e deste xeito tan curioso poderá descubrir como ao rei das flores lle falta o amor dunha princesa. O rei busca a princesa por todas partes e, ao final, encontraa no interior da flor dun tulipán. Cásanse e son moi felices. A composición das páxinas que se va sucedendo mentras acompañamos ao rei na súa viaxe abren un mundo no que o monarca que é do tamaño dun neno, quere ser feliz e crecer. Este desexo levarao moi lonxe. 

Posiblemente cando o rapaz remate de ler o conto iranlle xurdindo unhas ganas irremediables de poñerse a pintar e debuxar, recortar, pegar e crear e contar unha historia.  

O conto non deixa de ser un bonito e sinxelo exercicio, no que os pequenos primeiro escoitan espectantes o que se lles está lendo e porque e un libro para tocar e para disfrutar.  É un fantástico xogo creativo e imaxinativo no que a amalgama cores xogan un papel moi especial.


 "El pequeño Rey de las Flores" 
Autor: Kveta Pacosvka
Editorial: Kokinos
Prezo: 18 €
Imaxes de "El pequeño rey de las flores"








martes, 4 de enero de 2011

Takemitsu Zamurai





Moitos mangas teñen a capacidade de entreternos, de facernos pasar un anaco divertido e agradable. Outros mangas ademáis non só fan que devoremos as páxinas, senon que incluso teñen o poder de trasladarnos a épocas lonxanas a través de debuxos afastados do canon actual do manga de hoxe en día.
O mangaka (debuxante de mangas) Taiyo Matsumoto e quizais un dos autores xaponeses que máis se afasta, xa non só  do debuxo habitual, tamén o fai coas historias e os argumentos que propón en cada un dos seus mangas. Moitos aficionados ao comic xaponés descubrirono grazas a “Tekkon Kinkreet”, no que se contaban as andanzas de dous rapaces de barrio chamados Kuro e Shiro.

A última obra de Matsumoto desplázase no tempo, concretamente case douscentos anos atrás: a Época Edo.
Cada páxina que se lee de Takemitsu Zamurai, que é como se chama o manga de este autor nipón, podemos observar como se ve a vida tradicional da época. O máis destacable é que veremos como era a vida no Xapón antigo cos ollos dun xove ronin (samurai sen amo).

A peculiaridade de este ronin e que según el está poseído por un demo. Un demo que debe ser exorcizado. Para iso marcha da súa cidade natal e chega a cidade de Edo (antigo nome de Tokyo). Alí vende a súa espada que leva por nome “Kamifusa” e merca un espada de bambú. A partires de ahí este xove samurái tan sumamente peculiar que se leva ben con nenos e vecinos traerános historias dese xapón de fai séculos.
O manga ten un trazo limpo. Case da a impresión de estar contemplando en cada una das súas páxinas una estampa típica xaponesa de ukiyo-e. O estilo de Taiyo Matsumoto no so concorda a perfección coa historia que nos está narrando,  ademáis fai que moitas das historias nos provoquen dozura e cariño por uns personaxes que pouco a pouco van gañando o noso respeto e aprecio pola forma que teñen de e falar e coas accións sempre acertadas en cada situación que se lles presenta; con esa sabiduría coa que só saben falar os protagonistas das grandes historias antigas niponas. 

A natureza, a traizón ou violencia, conforman un todo e regálanos un maravilloso conto de cambios, una travesía que o protagonista debe percorrer para darse conta dos erros pasados.
En definitiva, temos ante nos un manga diferente pero ante todo una historia chea de poesía, beleza, fantasía, oscuridade e guerreiros misteriosos perseguidos polo seu pasado.



Na Libraría Endo podedes atopar este magnífico manga de Taiyo Matsumoto. Cada tomo ten o prezo de 12 Euros.









domingo, 2 de enero de 2011

As recomendacións do día



Hoxe recomendamos...


Tezuka (Memoria y honor)
Autor: Alfons Moliné
Editorial: Sins entido
Prezo: 10 €
Alfons Moline escribe esta monografía de Osamu Tezuka, na cal repasa no só a súa vida, tamén a súa obra. Excelente libro tanto para os que desexen saber máis sobre o chamado "Deus do manga" en Xapón. A través das pázinas deste estudo saberemos datos e custións relacionadas  con este aclamado autor e opir suposto como se foi transformando a indrustria ao cabo dos anos.


Duelo de caracoles
Autores: Sonia Pulido e Pere Joan
Editorial: Sins entido
Prezo: 19 €
"Duelo de caracoles", e a excusa perfecta para facer un percorrido por diferentes mundos. É camiñar da man dos protagonistas e sumerxirse na mente de cada un deles. Compartir a súa visión particular da vida e de todo o que os rodea. Ynha obra intimista, co mar e campo como escenario. Os caracois e o viño. A través da súas súas páxinas, coas inconfundibles ilustracións de Sonia Pulido e guión de Pere Joan, o lector verase envolto nesa atmósfera de natureza e amizade.