Mostrando entradas con la etiqueta Os Lobos de Moeche. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os Lobos de Moeche. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de febrero de 2011

Venta de Orixinais



Dende a libraría Endo, xa podedes adquirir láminas orixinais de autores galegos. Comezamos esta andaina coa obra de Manel Cráneo, pertencente a súa obra "Os lobos de Moeche". Algunhas destas láminas son orixinais a tinta, bosquexos a lápis e outras son copias e reproduccións das páxinas a cor.
As láminas podedes velas na Libraría Endo xa que dende o 28 de do pasado mes están expostas na s paredes da libraría.


Para todos aqueles que estedes interesados  en adquirir unha obra, a Libraría Endo creou unha galeria fotográfica na cal poderedes ver as obras que están á venta e o seu precio correspondente.



Para calqueira dúbida, reserva ou consulta escibide ao seguinte correo electrónico: libraria.endo@gmail.com

martes, 1 de febrero de 2011

Fotos da inauguración de "Os lobos de Moeche"

Pasaban xa algúns minutos das 20:30 da tarde cando Manel Cráneo comezou a falar sobre a súa exitosa obra "Os lobos de Moeche", un comic que transcorre durante a Segunda Revolta Irmandiña. Foi un acto desenfadado e moi divertido, na que os asistentes ademáis de redescobrer esta fabulosa historia que debuxou Manel, poido ver as diferentes láminas e pranchas que a Libraría Endo  expoñe nas súas paredes ata o 28 de Febreiro. Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, e por iso, deixo aquí unhas cantas para que poidades comprobar o ben que o pasou a concurrencia este pasado 28 de de Xaneiro.







Para poder ver máis fotos da Inauguración de "Os Lobos de Moeche" pincha aquí 






martes, 25 de enero de 2011

Exposición de "Os Lobos de Moeche" de Manel Cráneo




O próximo venres día 28 de Xaneiro na Libraría Endo de A Coruña (R/ Entrepeñas, 41 / Teléfono: 981142942) terá lugar a inauguración da segunda exposición de autores galegos. Nesta ocasión é o turno de Manel Cránero e as súas láminas orixinais da súa última obra "Os Lobos de Moeche".

Unha boa ocasión para descubrir ou redescubrir a este autor galego de Banda Deseñada. Ademáis de poder conseguir un exemplar dos Lobos de Moeche coa firma do propio Manel Cráneo, os asistentes estades invitados a un viño.

Se vos gusta a Banda Deseñada e o cómic, e non coñecedes a este magnífico debuxante galego, non o dubidedes, vide este venres á Libraría Endo.

A exposición comezará o venres 28 de Xaneiro e remata o 28 de Febreiro.


Video promocional de "Os Lobos de Moeche"





Imaxes de "Os Lobos de Moeche" de Manel Cráneo