miércoles, 11 de mayo de 2011

Proxección na Libraría Endo



Este sábado día 14 ás 18:00h da tarde, na Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41)  grazas á Asociación Movento Xove teremos a proxección da película "Rare Exports: A Christmas tale".
Será un vento organizado precisamente por Movemento Xove en colaboración coa Libraría Endo.
 
"Rare Exports: A Christmas tale"., levou o premio á mellor película, mellor fotografía e mellor director no Festival de de Sitges de 2010. Ademáis, fixéronse dúas cuirtas anteriores á película.

A película conta as prospeccións que realiza un grupo de científicos nun pobo do norte de Finlandia que alteran o ánimo dos lugareños. O pequeño Pietari, será un dos primeiros en darse conta de que algo non vai ben, e a súa curiosidade levarao a descubrir a terrorífica orixe dunha das persoaxes máis populres do Nadal..
O finés Jalmaro Helander regálanos agora unha versión máis longa desta historia que xa contara en dúas curtamentraxes anteriores: “Rare Export Inc” e “Rare Export Inc-Safety Instructions”.

En definitiva, un inxenioso conto de nadal que produce o mesmo efecto que un relato de terror narrado á luz  dunha lumeirada.

lunes, 9 de mayo de 2011

As recomendacións do día


 El niño que se cayó en un agujero
Autor: Jordi Sierra i Fabra
Editorial: Zorro Rojo
Prezo: 13,90€


Marc atópase en problemas. Dende que caeu naquel burato, pide axuda pero ninguén fai nada.
Todos os que pasan polo seu carón, incapaces de comprometerse, de ser solidarios. Cómo poderá atopar unha solución cando parece no que haxa ningunha? Fundido na realidade, Marc vai descubrindo o mundo tal e coma é.

Unha intelixente sátira social, que mostra a cara máis hipócrita da sociedade, pero tamén a amizade dalgúns a lucidez que poden alcanzar quenes deciden superar as adversidades.



















Las aventuras de Golfiño
Autor: Fausto
Editorial: el patito editorial
Prezo: 15€



Xa está aquí! A humanidade ainda no o sabe, pero a invasión está en marcha! O que comeza sendo unha tranquila tarde no parque, convértese para Golfiño e os seus amigos nunha disparatada aventura na que deben facer fronte a unha raza alieníxena chegada a Terra con pronósticos inconfesables... Coseguirá Golfiño deter aso maquiavélicos plans do gran Imperio Cuá-Cuá?

Por fin a versión íntegra, que inclúe o esperado final, en formato panorámico, cos diálogos orixinais ao completo e a cor totalmente restaurado.