martes, 25 de enero de 2011

Exposición de "Os Lobos de Moeche" de Manel Cráneo




O próximo venres día 28 de Xaneiro na Libraría Endo de A Coruña (R/ Entrepeñas, 41 / Teléfono: 981142942) terá lugar a inauguración da segunda exposición de autores galegos. Nesta ocasión é o turno de Manel Cránero e as súas láminas orixinais da súa última obra "Os Lobos de Moeche".

Unha boa ocasión para descubrir ou redescubrir a este autor galego de Banda Deseñada. Ademáis de poder conseguir un exemplar dos Lobos de Moeche coa firma do propio Manel Cráneo, os asistentes estades invitados a un viño.

Se vos gusta a Banda Deseñada e o cómic, e non coñecedes a este magnífico debuxante galego, non o dubidedes, vide este venres á Libraría Endo.

A exposición comezará o venres 28 de Xaneiro e remata o 28 de Febreiro.


Video promocional de "Os Lobos de Moeche"





Imaxes de "Os Lobos de Moeche" de Manel Cráneo






lunes, 24 de enero de 2011

As recomendacións do día

 

Diario Secreto de Pulgarcito

Autores: Philippe Lechermeier  /  Rebeca Dautremer

Editorial Edelvives

Prezo: 26,50


Este é o diario segredo de Pulgarcito, escrito do seu puño e letra, onde nos conta unha das súas aventuras máis sorprendentes… cun estilo único e persoal. Pulgarcito e os seus irmáns non teñen sufiente comida no período de Gran Escasez. Na súa aventura atópase co profesor Maxiliari, Luis el Mero, doña Zurrapa, o malvado ogro Barbak… Grazas á astucia de Pulgarcito conseguirán devolver a comida a toda a poboación.

Imaxes de "Diario secreto de Pulgarcito"











El espantapájaros amigo

Autor: Xosé Neira Vilas / Xaquím Marín

Editorial: Kalandraka

Prezo: 12

O tío Ramón de Reborneda te unha figueira ao pé da súa casa. É  a figueira máis grande do pobo. A que da millores figos. Iso é o que dín todos os veciños. Na finca do tío Ramón atópase unha figueira que da os millores figos da aldea; pero unha bandada de merlosdecidiron comer ata o último deles. Así que ao tío Ramón non lle queda máis remedio que argallar algo para defender os seus famosos froitos. Un día, paseando por alí, da coa solución: facer un espantallo. Dito e feito: cuns paos, palla, roupa vella e moita maña, o tío Ramón armará pouco a pouco, un espantallo moi espacial, e colocarao apoiado na rama máis baixa da figueira. Será capaz de escorrentar aos merlos?.


Imaxes de "Espantapájaro amigo"