Mostrando entradas con la etiqueta del cuadro flotante.... Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta del cuadro flotante.... Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de febrero de 2011

Crónica da presentación de "Manga: del cuadro flotante..." e concerto de Yume Crisis



O pasado luns día 26 de Febreiro, foi un día moi especial para a Libraría Endo xa que puidemos disfrutar da presentación dun libro sobre manga que baixo o meu punto de vista marcará un antes e un depois con respecto a outras publiciación sobre este mundo tan amplo e complexo que é o manga xaponés. Estamos a falar sen dúbida do libro “Manga: del cuadro flotante a la viñeta japonesa” escrito por José Andrés Santiago Iglesias, Doutor pola Universidade de Vigo, e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Os asistentes, que encheron por completo a libraría, puideron escoitar coma o autor desta magnífica monografía explicaba como decidiu meterse fondo nunha investigación sobre Xapón e o seu cómic, para elaborar a súa tese doutoral que máis tarde adaptaría nunha publicación de 600 páxinas nas que podemos atopar dende unha ampla analise sobre os diferentes tipos de manga, incluso polos menos frecuentados coma o yaoi ou o yuri. A situación socioeconómica do manga ao longo do tempo, e por suposto o fenómeno Fandom tanto en Xapón coma no resto do mundo e a influencia no mundo da arte e a moda que exercen tanto amango como os seus autores, algún delas considerado xa veradeiros artistas manga que son capaces que reinterpretar a cultura pop, adaptándoa á realidade nipona.
Este e moitos temas son os que se tratan neste libro e sobre os que José Andrés Santiago  falou na primeira presentación do libro que se facía en Galicia de “Manga: del cuadro flotante a la viñeta japonesa”

Debo dicir que é unha magnifica noticia comprobar a cantiade de xente interesada en todo o que ten que ver con Xapón e co manga, como así se demostrou na presentación deste libro. Personasde de idades moi dispares, dende rapaces e rapazas  aficionados ao manga, pasando por xente xa entrada en anos que asistiron por curiosidade ou polo seu gran interese polo país do Sol Nacente. 

Coma sempre, o discurso de José Andrés foi pausado e o fixo ademáis con claridade, sinxeleza e ceracanía á hora de falara e plantexar os temas tratados no libro, algo que os ointes sen dúbida agradeceron. Notouse e iso reflectiuse nas preguntas que lle plantexaron ao autor unha vez rematada a presentación.  Todos os que adquirion o libro poideron levar a casa non só un espectacular documento escrito no que se pode atopar imaxes ata agora nunca vistas polo aficionado ao manga, tamén a firma e dedicartoria do autor, algo que xa quedará grabado para sempre nas páxinas do libro. Moitas grazas José Andrés por achernos
Non rematou a xornada na Libraría Endo xa que acto seguido os asistente pudreon asistir ao concertó acústico por parte do grupo coruñés Yume Crisis, que interpretaron demaneira excepcional e brillante varias versión de cancións de anime, coma poden ser Mushishi, Naruto, Ergo Proxy, Beck (Mongolian Chop Squad)… Cabe destacar que moitas das cancións as tocaron con frauta algo que de seguro sorprendeu a máis de un. Como tamén sorprendeu aos viandantes o feito de que nunha ibraría se dese un concerto. Gran cantidade de peatón parábanse abraiados a contemplar o esctáculo dende o escaparate da propia libraría. Supoño que non é moi habital este tipo de actos e moitos pregunraba con curiosidade a que se debía o concertó. Ao saber a razón automáticamente comentaban que: “está ben se fagan estas cousas, que o barrio necesítao, para darle ambiente”.

En definitiva, unha xornada preciosa chea de cultura e música que espero que s os asistentes disfrutaran.
Moitas grazas a José Andrés Santiago e a Yume Crisis por un tarde tan especial para a Libraría Endo.


Fotos da Presentación do Libro






Fotos do concerto 








martes, 15 de febrero de 2011

Concerto de Yume Crisis

 
 
Dende a Libraría Endo temos pracer de anunciar que o luns 21 de Frebeiro, despois da presentación do libro: Manga, del cuadro flotante a la viñeta japonesa de José Andrés Santiago; terá lugar un concerto acústico do grupo coruñés Yume Crisis, no que interpretarán diferentes versións de cancións de series de anime coma Mushishi, Beck, (Mongolian Chop Squad, Naruto..)

Este é o myspace de Yume Crisis
http://www.myspace.co...m/yumecrisis
 
 

jueves, 10 de febrero de 2011

Presentación do libro," MANGA: del cuadro flotante a la viñeta japonesa"





O próximo luns día 21 de Febreiro terá lugar na Libraría Endo (A Coruña-Rúa Entrepeñas, 41 baixo) ás 20:00h da tade,  a presentación do libro Manga: del cuadro flotante a la viñeta japonesa. Escrito por José Andrés Santiago Doutor pola Universidade de Vigo e profesor na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Nesta presentación do libro José Andrés Santiago, falará sobre como decidiu ponerse a escribir un libro sobre manga, as súas motivacións. Fará un repaso tamén en forma de fotografía dese Xapón tan aficioado ao manga.

No libro consegue unha mezcla entrelinguaxe académico e linguaxe sinxelo. Precisamente esa combinación fai deste traballo un docuemento moi atractivo para todo tipo de públicos, sexan este aficionados ao manga ou non, pero que están interesados en saber e coñecer a historia do manga, as súas características, a súa influencia tanto en Xapón coma en Occidente ou a repercisión a nivel económico que supón o manga no país que o veu nacer. É un repaso detaiado sen caer en tópicos que quizáis xa están moi enraizados no imaxinario colectivo pero tamén do propio fan do cómic nipón.

Nos capítulos iniciais disecciona o comezo do arte ilustrado xaponés dende o S.VII como o emaki, pasando polo roios giga do sacerdote Toba Sojo, no que podemos atopar representacións de deidades e demos oni que pertencen á mitoloxía tradicional xaponesa. Un repaso detaiado que vai máis alá da historia artística de Xapón e que nos pon en sintonía cos cambios plíticos a través das diferentes eras e períodos polas que o país do Sol Ncente pasa. Shogunatos, Eras e Períodos foron espectadores de excelentes artistas que nos deixaron a súa visión da vida e das tadicións.

A través das súas páxinas podemos descobrer a delgada liña que existe entre diferentes tipos de manga coma son o Shonen, o Seinen e incluso o Shojo. Fala dos autores e as publicacións mangashi que achegaron p manga ao arte e a publicidade, como a Revista Garo ou a COM. Fala sen tapuxos sobre sous tipos de manga coma son o Yuri e o Yaoi, que moitas veces da a impresión de que para outros autores é un tema tabú do cal está prohibido falar.
Posiblemente un dos moitos aportes de José Andrés nesta publicación, é o capítulo adicado á sociedade , na que fala entre outros temas sobre o “Fandom”, os famosos “fansubs” e o que supuxo para aficionado e para o mercado do manga e o anime a aparición de internet Como o manga está presente na vida cotiá e está influindo tanto no pensamento como na moda ou o deseño na sociedade xaponesa.

Di José Andrés no epílogo que “un dos grandes logros do manga, en tanto que a manifestación cultural foi a de conmover a un amplo sector da poboación con total independencia do seu bagaxe educativo, coñecementos teóricos o posición social”, No lle falta razón.