O proximo día 4 de Marzo ás 20:30h da tarde terá lugar na Libraría Endo ( A Coruña - R/Entrepeñas, Nº 41, Baixo) a inauguración da exposión de orixianis e copias de orixinais do comic “Sen mirar atrás” do debuxante Dani Montero e editado pola galega Demo Editorial.
Ademáis da inauguración da exposición, os asistentes poderán escoitar do propio Dani Montero, como foi o proceso creativo do comic que gañou o “Premio Castelao 2009”.
Dani Montero asinará exemplares da súa obra (a venda na propia Libraría Endo) a todo aquel que se achegue co su comic baixo o peto.
A exposición poderase ver na Libraría Endo dende o día 4 de Marzo ata o día 1 de Abril.
Esperámosvos a tod@s na Libraría Endo para desfrutar desta estupenda exposición.